Inicio Carballo ao día Hemeroteca Aprobadas subvencións ás...

XUNTA DE GOBERNO LOCAL

Aprobadas subvencións ás asociacións e colectivos sen ánimo de lucro por importe de 14.800 euros

Martes 22 de agosto do 2006

Entre os puntos abordados na Xunta de Goberno Local celebrada onte figurou a concesión de axudas a asociacións e colectivos sen ánimo de lucro vencelladas aos Servizos Sociais. Así resolveuse distribuír o importe total de 14.810 euros entre as entidades Aspaber, Centro de rehabilitación psicosocial e laboral Os Chopos, Médicos do Mundo-Galicia, Asociación ex-alcohólicos da Coruña, Proxecto Home, Afaber, Centro Social San Xoán Bautista, Cáritas parroquial, Asociación 3ª idade San Xoán Bautista, Asociación Integro, Cruz Vermella-Proxecto Singra, Asociación de Fibromialxia e Asociación Mulleralia.

Doutra banda, na sesión deste luns deuse conta do Convenio de cooperación cultural entre a Xunta de Galicia e o concello de Carballo, para a realización de actividades culturais vencelladas ao Festival Internacional de Outono de Teatro. En virtude a este acordo, o Concello recibirá da Consellaría de Cultura e Deportes 12.000 euros destinados ao FIOT.

Loita contra os incendiosA Xunta de Goberno Local aprobou ademais a subscrición de dous convenios coa Deputación da Coruña. O primeiro deles para financiar a campaña de actuación contra os incendios forestais. Así, a Deputación subvencionará con 3.010 euros ao mes a Cuadrilla de Extinción do concello.

Na mesma liña aprobouse un segundo acordo coa Deputación, destinado a financiar o sostemento do GRUMIR. Deste xeito favorecerase un rendemento óptimo do servizo, centrado en dar resposta inmediata a situacións de emerxencia como accidentes de tráfico, apoio en materia de seguridade viaria ou incendios forestais, entre outros cometidos.

Obras no termo municipalNa sesión deste luns aprobáronse asemade os pregos de cláusulas administrativas particulares correspondentes a varios traballos a executar no termo municipal. En concreto, daquelas que rexerán o contrato da obra do edificio destinado a Escola Infantil Municipal, a construción dunha rotonda entre as rúas Sol, Santa Ana, Oriente, Vila de Negreira e Avda. da Milagrosa -cun orzamento de 173. 795, 05 euros-, e a reparación de beirarrúas na Avda. de Bergantiños, Vila de Corcubión e Vila de Ordes -cun orzamento de 59.774,73 euros.

Por último, adxudicáronse as obras de Remodelación, adaptación e mellora do Concello de Carballo, Fase 3ª, cun importe de 206.098,16 euros. Os traballos desenvolveranse no terceiro andar do edificio da Casa do Concello -antiga Oficina Técnica e Sala de Xuntanzas A-.

Compartir: