As obras de saneamento en marcha na parroquia de Artes permitirán estender o servizo a 25 vivendas
Nestes momentos tamén temos en marcha proxectos de saneamento nas parroquias de Entrecruces, Lema, Oza, Razo, Sofán, Rus, Berdillo e Carballo
Martes 17 de novembro do 2020 Carballo ao día
Evencio Ferrero e Luis Lamas visitaron as obras de Artes
O alcalde, Evencio Ferrero, e o concelleiro de Obras e Servizos, Luis Lamas, achegáronse ata Artes para facer seguimento das obras de saneamento que se están levando a cabo na parroquia. O proxecto, que executa a empresa Vázquez y Reino cun investimento de 199.884,67 euros, permitirá levar o servizo a 25 vivendas dos lugares de Altiboa, Vilarvello, O Alto, Vilanova e Baltar. A obra divídese en tres treitos (de Altiboa a Vilar de Francos, de Vilar de Francos a Vilarvello e do Alto a Vilanova e Baltar), o que supón o despregue de máis de 2.500 metros de rede.
Nestes momentos temos en marcha obras de saneamento nun total de 9 parroquias. As actuacións son as seguintes:
Saneamento de Taboada e A Granxa (Entrecruces)
- Prezo de adxudicación: 231.080,81 euros
- Empresa: Excavaciones y Obras Candal
Saneamentos en Lema, Oza e Razo
- Prezo de adxudicación: 188.881 euros
- Empresa: Vázquez y Reino
ADXUDICADOS
Saneamento A Piña-Evas (Sofán)
- Prezo de adxudicación: 170.731 euros
- Empresa: Vázquez y Reino
Saneamentos en Betrís e Ribeira (Rus)
- Prezo de adxudicación: 81.191 euros
- Empresa: Vázquez y Reino
Ampliación das redes de saneamento e abastecemento no lugar de Vella Morta (Carballo)
- Prezo de adxudicación: 104.583,68 euros
- Empresa: Vázquez y Reino
EN CONTRATACIÓN
Saneamento e abastecemento aos lugares do Curro, Aseñado, A Chavella, O Alto e A Redonda (Berdillo).
- Orzamento: 275.000 euros