Inicio Carballo ao día Hemeroteca Verto, Brays Efe e unha ruta polas barricadas da...

Verto, Brays Efe e unha ruta polas barricadas da comedia feminina pechan o VII Interplay

Venres 20 de novembro do 2020 Cultura

Verto son Alberto Mira e Fernando Peleteiro

Verto son Alberto Mira e Fernando Peleteiro

O Carballo Interplay bota mañá sábado o peche da súa sétima edición, a primeira 100% "na casa", conversando con Alberto Mira e Fernando Peleteiro, Verto, o grupo revelación do pop galego que arrasa nas redes sociais; co protagonista de Paquita Salas, Brays Efe, e mais coas súas entrevistadoras, as artífices de Radio Primavera Sound e do seu Ciberlocutorio; e dando un completo repaso ás barricadas da comedia feminina en Internet con Lorena Iglesias, Victoria Martín (Living Postureo) e Carolina Iglesias (Percebes y grelos) e Sara García, máis coñecida como PennyJay, creadora, produtora, directora e presentadora do proxecto Riot Comedy. Todas as actividades son de acceso libre e gratuíto a través de Youtube, Facebook e Twitch.

O Carballo Interplay completará o seu percorrido pola Internet máis feminista, diversa, aberta e disidente dirixindo a súa ollada ao proxecto Radio Primavera Sound e ao seu show Ciberlocutorio, un podcast en directo presentado polas xornalistas Anna Pacheco e Andrea Gumes, que contarán nesta ocasión cun convidado de excepción: Brays Efe. O actor, coñecido polo seu papel protagonista en Paquita Salas, móvese como peixe na auga entre o underground e o mainstream.

Dirixen este Ciberlocutorio Anna Pacheco, cuxos textos apareceron en VICE, PlayGround, La Marea, Público e El País e que actualmente colabora na Cadena Ser; e Andrea Gumes, presentadora do programa diario Tardeo, en Radio Primavera Sound e de Tube d’ Assaig, en Betevé. Tamén estará no Interplay a directora de Radio Primavera Sound, Marta Salicrú, unha xornalista musical con 15 anos de experiencia que participou como relatora en eventos internacionais da industria musical e que no Interplay conversará sobre a importancia de impulsar e manter na rede unha radio feminista, diversa, aberta e disidente.

Imaxe de

Imaxe de "Sopa de limón"

O público poderá ver, tamén dende as súas casas, as últimas series da Sección Oficial do VII Carballo Interplay, coñecer as súas creadoras e creadores e votar a súa favorita para o Premio do Público. O sábado ás 17h proxectarase o segundo bloque de producións internacionais, con The Blue Marble, Silvia y la junta del curso, Exiliados, O Meu Sangue, The Coroner, Tony y The Last Youtuber. Ás 18h30, será a queda do segundo bloque estata, con Gente Hablando 2, Nosaltres 2, Sopa de Limón, Clara Cortés e Válidas, o proxecto de webserie de Victoria Martín (Living Postureo) e Carolina Iglesias (Percebes y grelos), que esta noite de venres ofrecen a través das redes do festival un "especial series" do seu podcast Estirando el Chile.

Os nomes das webseries gañadoras coñecerase, como cada ano, na Gala de clausura do festival, que se emitirá ás 22h por Youtube, Facebook e Twitch e que adapta a súa temática á actualidade, reflexionando sobre esta nova forma de relacionarnos entre os seres humanos que xurde durante a pandemia. O mestre de cerimonias será o actor e presentador Xosé Barato, que -baixo a dirección de Sandra Lesta- encarnará a Xoan Manoel Esparís, divulgador das claves do Amor en Dixital.

PROGRAMA DO SÁBADO

Compartir: