Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello de Carballo recibe outras 5.000...

O Concello de Carballo recibe outras 5.000 mascarillas para o persoal municipal a través dun convenio Goberno-FEMP

Previsto para este último trimestre un investimento municipal de 160.000 euros na adquisición de material sanitario e traballos de desinfección e limpeza

Luns 30 de novembro do 2020 Carballo ao día

Persoal de Protección Civil acudiu a recoller as mácaras

Persoal de Protección Civil acudiu a recoller as mácaras

O Concello de Carballo vén de recibir un novo envío de 5.000 mascarillas grazas á colaboración entre o Goberno Central e a Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) para dotar aos concellos de máis de 20.000 habitantes de medios de prevención fronte a COVID-19. As máscaras irán destinadas ao persoal dos distintos servizos municipais.

Dende o estado de alarma, o Goberno do Estado fixo chegar ao noso concello un total de 37.500 máscaras protectoras a través da Subdelegación do Goberno na Coruña: 14.000 foron distribuídas coa colaboración das forzas e corpos de seguridade entre os traballadores e as traballadoras do polígono industrial de Bértoa, e as restantes 23.500, entre o persoal municipal.

O Concello de Carballo aprobou un suplemento de crédito para financiar os gastos derivados da COVID-19 no último trimestre deste ano, entre os cales figura unha previsión de 30.000 euros para a adquisición de material sanitario para as distintas áreas e servizos municipais e máis de 130.000 para traballos e materiais de desinfección, limpeza e aseo de espazos, edificios públicos e centros de ensino. En total, 160.000 euros que financiaremos con fondos municipais.

Compartir: