CONSULTA AQUÍ AS OBRAS
A Xunta de Goberno Local inicia os procesos de contratación de 5 dos 13 proxectos que se financiarán co remanente
Venres 4 de decembro do 2020 Carballo ao día
A mellora do pavillón "Carballo Calero" é unha das obras que se poñen en marcha
A Xunta de Goberno Local porá en marcha na sesión ordinaria do luns 7 de decembro os procedementos de contratación de cinco dos trece proxectos que se financiarán con cargo ao remanente de tesourería para gastos xerais. Son estes:
- Accesibilidade en beirarrúas da zona A Milagrosa e a Avenida Ponte da Pedra: 216.519,94 euros
- Rede de saneamento e abastecemento de auga aos lugares de Leboreo, Requeixo e A Rega, na parroquia de Bértoa: 368.311,59
- Rede de saneamento e abastecemento de auga en Cambre de Lema e Cambrelle-Razo: 416.971,86
- Reforma do centro social do barrio da Milagrosa: 147.317,86
- Substitución de cuberta e revestimento da fachada do pavillón deportivo “Carballo Calero”: 255.312,90
O obxectivo do goberno local é axilizar a tramitación das 13 actuacións todo o posible, xa que deben estar rematadas a 31 de decembro do ano 2021. A necesidade de cumprir este prazo influíu á hora de escoller os proxectos, xa que deben ter un prazo de execución viable nese período de tempo.
Seguir mellorando a mobilidade e a accesibilidade na zona urbana, avanzar na extensión dos servizos de saneamento e abastecemento de auga a todas as parroquias ou acometer a necesaria reforma de edificios públicos son obxectivos que poderán cumprirse con esta primeira quenda de obras. A relación de actuacións que se financiarán con cargo ao remanente complétase coas seguintes:
- Ampliación do cemiterio municipal, 1ª fase: 699.520,70 euros
- Reforma do Pazo da Cultura, 1ª fase: 428.600,63
- Reforma do mercado, 2ª fase: 101.068,12
- Reforma parcial dos almacéns municipais da Cristina para almacén-garaxe de Protección Civil: 82.516,43
- Achega municipal para o proxecto europeo “Carballo Sostible: Enerxías renovables e eficiencia enerxética nos edificios públicos”: 68.000
- Reurbanización da rúa Ponteveda: 151.344,30 euros
- Reurbanización das rúas Ourense e Baños Vellos: 294.631,77