Inicio Carballo ao día Hemeroteca Evencio Ferrero asinou o novo convenio do...

Evencio Ferrero asinou o novo convenio do transporte metropolitano, ao que destinamos 30.000 euros ao ano

Xoves 10 de decembro do 2020 Carballo ao día

Estación de Autobuses de Carballo

Estación de Autobuses de Carballo

O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, asinou hoxe o novo convenio do transporte metropolitano, nun acto presidido polo delegado territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, que reuniu na Coruña aos rexedores dos 16 concellos integrados no plan.

O convenio estará vixente durante os próximos catro anos. A Xunta achegará 3,8 millóns de euros ao ano para financiar os descontos dos billetes, os transbordos e as bonificacións adicionais aos usuarios recorrentes e membros de familias numerosas. Os concellos, pola súa banda, financiarán en conxunto case 1,2 millóns de euros ao ano. No caso de Carballo, a participación no plan do transporte metropolitano supón uns 30.000 euros ao ano.

Dende a posta en marcha do plan, no ano 2011, o uso do transporte público incrementouse en máis dun 30%, e nestes momentos hai case 160.000 persoas da área metropolitana da Coruña que utilizan a tarxeta TMG nos seus desprazamentos cotiáns. A adhesión do Concello de Carballo foi aprobada no 2015.

Compartir: