Inicio Carballo ao día Hemeroteca A Concellaría de Normalización...

A Concellaría de Normalización Lingüística convoca un concurso de microrrelatos de Nadal en Instagram

O prazo para participar estará aberto dende o 23 de decembro de 2020 ata o 3 de xaneiro de 2021

Martes 22 de decembro do 2020 Lingua

A Concellaría de Normalización Lingüística do Concello de Carballo convoca o “I Concurso de microrrelatos de Nadal en Instagram” coa finalidade de promover o uso da lingua galega nas redes sociais, de fomentar a participación da mocidade en iniciativas de carácter cultural e de contribuír a dinamizar as datas de Nadal mediante unha actividade que pode desenvolverse dende os fogares e na que poden participar persoas de todas as idades.

BASES

  1. A participación no I Concurso de Microrrelatos de Nadal está aberta a calquera persoa usuaria de Instagram, sen límite de idade.
  2. A temática do microrrelato será o Nadal. Deberase mencionar a palabra Nadal e/ou facer referencia a el no texto.
  3. Só se admitirán textos en galego.
  4. As obras deberán ter unha extensión máxima de 77 palabras, sen contar o título nin as etiquetas ou hagstags. Acompañarase unha fotografía, ilustración, vídeo ou similar que garde relación co texto.
  5. As persoas que queiran participar publicarán os micorrelatos nas súas contas persoais, etiquetando a @carballomola. No texto incluiranse os hagstags #carballomicrorrelatos, #normalizaciónlingüísticacarballo e #NadalenCarballo
  6. O prazo para participar estará aberto dende o 23 de decembro de 2020 ata o 3 de xaneiro de 2021.
  7. Haberá dous premios: un para o microrrelato que acade máis “gústame” ata as 24.00 horas do 3 de xaneiro de 2021 e outro para o mellor microrrelato a xuízo do xurado do concurso, que estará integrado pola concelleira de Normalización Lingüística e unha persoa vinculada ao mundo das letras e/ou das redes sociais.
  8. O nome dos gañadores ou gañadoras farase público o 4 de xaneiro, a través da páxina web www.carballo.gal e das redes sociais do Concello de Carballo.
  9. Os premios para cada un/ha dos gañadores/as serán os seguintes:
  • A publicación do microrrelato, xunto coa imaxe que o ilustre, na páxina web do Concello de Carballo.
  • Un roscón de Reis.
  • Un vale de 30€ para gastar en librarías de Carballo.
  • Un menú por valor de 30€ para levar ou servir a domicilio nun establecemento de hostalaría local.

Compartir: