Inicio Carballo ao día Hemeroteca Aprobadas as bases do IX Certame...

CULTURA

Aprobadas as bases do IX Certame Fotográfico Xosé Manuel Eirís

Martes 5 de setembro do 2006

As obras deberán ter un formato comprendido entre 18 x 24 como mínimo e 30 x 40 como máximo. Irán montadas sobre cartón pluma ou soporte similar do mesmo tamaño da fotografía. A dotación tota do premio é de 1.600 euros, establecéndose un primeiro premio de 600 euros e diploma, un segundo de 400 e diploma e o Premio Especial Carballo, dotado con 400 euros e diploma, á mellor fotografía que faga referencia directa ao municipio de Carballo en calquera dos seus aspectos. O xurado poderá conceder accésits por un importe de 200 euros. As obras presentadasao certame estarán asinadas cun pseudónimo e os traballos poderán presentarse no Rexistro Xeral do Concello, no Rexistro auxiliar de Cultura ou por correo certificado en sobre pechado. O prazo de admisión dos traballos comezará o 1 de outubro e finalizará o 8 de novembro de 2006.

Compartir: