Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Grumir atendeu 43 emerxencias durante o mes de...

BALANCE MENSUAL

O Grumir atendeu 43 emerxencias durante o mes de agosto

Martes 5 de setembro do 2006

Ademáis, o Grumir colaborou en 6 incendios forestais nos concellos de Coristanco, Malpica, Ponteceso e Santa Comba, ademáis dun rescate na praia de Riás. No tocante ao resto de intervencións realizadas o pasado mes destacan 6 traslados de feridos e 9 colaboracións co Parque de Bombeiros. Ademáis, o Grupo Municipal de Intervención Rápida invertiu 54 actuacións en labouras de manteñemento dos equipos e da base.

Brigada municipal de incendios forestais

A brigada municipal de incendios forestais, pola súa banda, tivo un total de 17 intervencións o pasado mes de agosto: 6 no concello de Carballo, 4 en Poteceso, 2 en Malpica, e un en Coristanco, Laracha, Negreira, Cuíña e Villaraso.

Compartir: