DO 28 DE FEBREIRO AO 6 DE MARZO
46 comercios participan na Semana das Oportunidades do CCA
Aproveita os descontos de ata un 70% en establecementos de moda, alimentación, xoiería ou mesmo en barbarías
Xoves 25 de febreiro do 2021 Carballo ao día
A presentación realizouse hoxe no Museo de Bergantiños
Un total de 46 establecementos do Centro Comercial Aberto Carballo (CCA) participan na Semana das Oportunidades, unha feira na que a clientela poderá atopar descontos de ata un 70% nunha variedade de produtos que inclúen moda, confección, calzado, xoiarías, deporte, perfumaría ou mobles, e tamén outras ofertas menos habituais neste tipo de citas en sectores como o da nutrición, docerías, salóns de peiteado, tendas de xoguetes ou de electrodomésticos, entre outros.
As ofertas poderán atoparse visitando os comercios participantes durante unha semana entre o domingo 28 de febreiro –que coincide coa última feira do mes- e o sábado 6 de marzo.
O presidente do CCA, Ricardo Pallas, quixo lembrar que, en todo caso, as medidas de seguridade serán prioritarias, respectando as restricións actuais -un límite de aforo do 50%, ademais do emprego de máscara e o uso de xel desinfectante-, pero tamén subliñou a grande calidade e variedade das oportunidades que se poderán atopar estes días e que farán que mereza a pena visitar o comercio carballés.
O concelleiro de Promoción Económica, Xosé Regueira, quixo agradecerlle ao sector o seu labor, xa que constitúe un tecido “vivo, dinámico, que non para de buscar alternativas”. Tamén quixo reivindicar a importancia do comercio de proximidade, porque a falta de mobilidade xerada pola pandemia “axudou a que volveramos a mirar cara ao local”, unha ollada que considera que debe manterse “porque temos de todo e bo” e que debe servir tamén para seguir traballando e conseguir que “a nosa primeira opción de compra sexa sempre o noso comercio”.
A presentación da Semana das Oportunidades contou así mesmo coa presenza do vicepresidente do CCA, Germán Riveiro Bértoa, coa súa xerente, María del Carmen Freire, e co alcalde de Carballo, Evencio Ferrero. Este último pechou o acto transmitíndolle os seus parabéns ao comercio da vila “porque en situacións difíciles somos capaces de crear o noso nicho e oportunidades comerciais e de negocio”. Por último, lembrou que o peche perimetral establecido como medida de prevención contra a COVID-19 quedará levantado a partir do venres 26 de febreiro, polo que espera “que todas esas xentes de Bergantiños se despracen a Carballo” durante a Semana das Oportunidades e desfruten dun comercio “seguro, de calidade e de proximidade” que fai que Carballo sexa “un lugar atractivo para estar e para visitar”.
Establecimientos participantes
- A fragua
- Adamela
- Akira
- Akris
- Aloe Herboristería
- Amai Store
- Arabela atelier de doces
- Atelier
- Atmósfera Sport
- Bambalina
- Benetton
- Bio Salón Mesturas (salón de peiteado)
- Calzados Susa
- Cenor (Parque do San Martiño)
- Charanga
- Compro Oro Carballo
- Confecciones San Juan
- D&A Complementos
- Dequip
- DV Carballo
- Ekate
- Florida Centro Joya
- Informática Valem
- Jorge moda
- Lencería Mª José
- Mercería Pilar Mª
- Meus Antoxos
- Mímate
- Miriñaque
- Mister Nutrición
- Moda Suárez
- Muebles Fuentes
- Necos
- O barco dos soños
- O Cestiño
- Óptica Enríquez
- Perfumería Garrote
- Poppy
- Retoños
- Sastrería Miguel
- Style
- Teirón
- Xoguetería Merliño
- Zapatería Esther
- Zapatillería Isabel
- Zocas