Inicio Carballo ao día Hemeroteca Horarios das instalacións municipais e...

Horarios das instalacións municipais e carta de servizos deportivos a partir do 26 de febreiro

Sábado 27 de febreiro do 2021 Deporte

Á vista das medidas preventivas da COVID-19 establecidas pola Xunta de Galicia na Orde do 25 de febreiro do 2021, a Concellaría de Deportes do Concello de Carballo adoptou as seguintes decisións:

  • Establecer o peche nocturno das instalacións deportivas municipais ás 21:45 horas.
  • Readaptar as actividades “Escola de natación 2020/21”e “Aquagym” mediante a creación de grupos de catro alumnos.
  • Adaptar metodolóxicamente as actividades “Ximnasia de Mantemento” e “Natación Adultos” e transformalas en adestramento ou actividade deportiva individual con supervisión de monitor, cas seguintes características:
a) Os usuarios e usuarias terán reservado un espazo específico preferente sobre os usuarios de acceso libre para executar a prescripción de exercicio.
b) A actividade será individual.
c) O monitor prescribirá exercicio individualizado adaptado ás características de cada participante, que se irá readaptando conforme os seus progresos.
d) O monitor realizará correccións e indicacións de xeito individual para cada participante.

Compartir: