Inicio Carballo ao día Hemeroteca Entran en funcionamento os novos horarios dos...

CULTURA

Entran en funcionamento os novos horarios dos equipamentos culturais do Concello

Luns 11 de setembro do 2006

A ludoteca abre de luns a venres, de 16.30 horas a 20.00 horas, e os sábados de 12.00 horas a 14.00 horas e de 16.30 horas a 20.00 horas. A aula de informática abre de luns a venres, de 16.30 horas a 21.00 horas. Ademáis, abre os mércores de 09.00 horas a 14.00 horas e os sábados de 11.00 horas a 14.00 horas. O Pazo da Cultura, pola súa banda, abre de luns a venres entre as11.30 horas e as 13.00 horas pola mañán e as 16.00 horas e 21.00 horas pola tarde. Os días de conservatorio abre até as 22.00 horas. A fin de semana abre os sábados, de 10.00 horas a 14.00 horas e de 16.00 horas a 21.00 horas e os domingos de 16.00 horas a 21.00 horas. Polo que respecta ao Museo de Bergantiños e Oficina de Información Turística, o seu horario de apertura é, polas mañáns, de martes a sábados de 12.00 horas a 14.00 horas e, polas tardes, de martes a xoves de 18.00 horas a 21.00 horas e, de mércores a venres, de 18.00 horas a 20.00 horas. Ademáis, os domingos de feira abre de 11.00 horas a 14.00 horas. A biblioteca municipal abre as súas instalación de luns a venres, de 09.30 horas a 13.00 horas, e de 16.00 horas a 20.00 horas. Os sábados, a partir do mes de outubro, abrirá de 10.30 horas a 13.30 horas.

Compartir: