Inicio Carballo ao día Hemeroteca A Xunta impartirá unhas charlas...

MEDIO RURAL

A Xunta impartirá unhas charlas informativas sobre as medidas relativas á prevención de incendios forestais

Martes 12 de setembro do 2006

A primeira das charlas terá lugar o día 19 de setembro na Escola de Cances, e estará dirixida aos veciños de Cances, Goiáns e Sísamo. A seguinte charla terá lugar o día 20 de setembro na Escola de Razo, dirixida á poboación de Razo e Oza. O terceiro dos actos está programado o día 21 de setembro no Teleclub de Sofán, ao que poderán asistir os veciños de Sofán, Berdillo, Aldemunde e Artes.

As outras tres charlas terán lugar na seguinte semana. A primeira das mesmas será o día 26 de setembro no Teleclub de Ramil en Rus, dirixida aos veciños de Rus, Ardaña e Entrecruces. A penúltima das charlas terá lugar o día 27 de setembro na Escola de Noicela, para as poboacións de Lema, Noicela, San Miguel de Vilela e Rebordelos. A última das charlas terá lugar o día 28 de setembro no Pazo da Cultura de Carballo, dirixido aos veciños de Carballo e Bértoa. Todas as charlas darán comezo ás 21,00 horas.

Compartir: