Inicio Carballo ao día Hemeroteca Remata o segundo prazo de preinscripción e...

ENSINO

Remata o segundo prazo de preinscripción e matrícula na Escola Oficial de Idiomas

Xoves 14 de setembro do 2006

Para os alumnos de 2º e 3º de inglés aptos en xuño e que aínda non se matricularan poden facelo, igualmente, até o venres 15 de setembro. Os que teñan que examinarse en setembro ou os que procedan do curso That’s English formalizarán a matrícula do 19 ao 22 de setembro.

Os antigos alumnos da Escola Oficial de Idiomas, os que superen as probas de nivel e os traslados de matrícula formalizarán a matrícula do 25 ao 28 de setembro.

Para calquera dúbida pode achegarse ás oficinas da Concellería de Cultura, no Pazo da Cultura, ou chamar ao teléfono 981704300. Tamén pode atopar esta información na páxina da Escola de Idiomas da Coruña.

Compartir: