Inicio Carballo ao día Hemeroteca Chris Wilson e Roy Loney serán cabeza de...

CULTURA

Chris Wilson e Roy Loney serán cabeza de cartel do XiriaPop

Venres 15 de setembro do 2006

No acto de presentación estiveron presentes o alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, e Xabier Graña, organizador do evento. Este último destacou "o salto de calidade desta edición, coa presenza de Chris Wilson e Roy Loney. O resto dos grupos aportarán un pouco de todo, dentro do estilo do pop e do rock". A apertura de portas está prevista para as 22,00 horas os dous días e a organización entende que non haberá problemas para acadar unha entrada no propio recinto. O aforo está limitado a 400 persoas e, tódolos que adquiran un bono, serán agasallados coa Escrita Pop vol.1, un CD que conta con todos os textos de Carlos Rego e que inclúe sete versións inéditas de Burgas Beat. O XiriaPop está organizado pola AD Xiria e conta coa colaboración do Concello de Carballo e Deputación da Coruña.

Compartir: