Inicio Carballo ao día Novas Volven os bailes para maiores cunha primeira...

Volven os bailes para maiores cunha primeira rolda de música en directo en sete parroquias

Venres 23 de setembro do 2022 Benestar

A Concellaría de Terceira Idade retoma as ansiadas tardes de baile para as persoas maiores, que estaban suspendidas dende o inicio da pandemia. Coa situación sanitaria máis normalizada, no mes de outubro arrincarán unha serie de actuacións con música en directo que se celebrarán, nesta primeira rolda, nos centros sociais de distintas parroquias, e que continuarán despois, como viña sendo habitual ata o ano 2020, no Pazo da Cultura.

Toma nota das datas e dos lugares:

  • 1 de outubro: centro social de Ardaña
  • 8 de outubro: centro social de Imende (Noicela)
  • 15 de outubro: centro social de Oza
  • 22 de outubro: centro social de Cances
  • 29 de outubro: novo centro social de Bértoa
  • 5 de novembro: centro social de Verdillo
  • 12 de novembro: centro social de Sofán

Todas as sesións de baile celebraranse, polo tanto, os sábados, de 18.00 a 21.00 horas. E nesta primeira rolda contaremos coa música en directo do Dúo Marineda, coñecido xa e moi querido polas persoas maiores.

As actividades nos centros sociais retomáronse xa cos cursos para mellorar o manexo dos teléfonos móbiles. Neste momento está celebrándose un en Carballo, na Biblioteca Rega da Balsa, e seguirán organizándose naquelas parroquias onde exista demanda. Tamén empezarán en outubro o programa de exercicio físico para maiores e outras actividades orientadas a fomentar un envellecemento activo, como cursos de memoria, etc.

Compartir: