Inicio Carballo ao día Hemeroteca A Senda do Mar Razo-Baldaio recibe un ano...

A Senda do Mar Razo-Baldaio recibe un ano máis o distintivo Sendeiro Azul da asociación ADEAC

O concelleiro Juan Seoane asistiu ao acto de entrega das bandeiras, celebrado este venres na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela

Venres 24 de febreiro do 2023 Carballo ao día

Ángeles Vázquez, Alfonso Rueda, Juan Seoane e José Palacios

Ángeles Vázquez, Alfonso Rueda, Juan Seoane e José Palacios

Galicia é a comunidade autónoma con máis sendeiros azuis, un galardón outorgado pola Asociación de educación ambiental e do consumidor (Adeac), a mesma que concede as bandeiras azuis. Entre os 29 itinerarios galegos galardoados este ano figura a Senda do Mar Razo-Baldaio. Hoxe tivo lugar na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela a entrega das bandeiras que identificarán os sendeiros azuis. No acto, presidido por Alfonso Rueda, participou o concelleiro de Mobilidade, Seguridade, Feiras e Mercados, Juan Seoane.

A Senda do Mar Razo-Baldaio é un itinerario de 5,5 quilómetros de lonxitude que une o porto de Razo co espazo natural de Baldaio pasando polas nosas praias que ano tras ano veñen revalidando a bandeira azul. O fallo deste ano darase a coñecer a principios de maio, como se avanzou no acto de hoxe.

As praias de Pedra do Sal, Baldaio-Saíñas e Razo contan ademais cos certificados ISO 14001:2015, vixente ata outubro deste ano, e EMAS (Certificado do Esquema Europeo de Ecoxestión e Auditoría) ,que implican un compromiso coa prevención da contaminación, a mellora continua do areal, a xestión de residuos e a atención aos usuarios e usuarias. A calidade ambiental e a excelencia na prestación dos servizos son os eixos arredor dos que xira a acción do Concello de Carballo nas praias.

Compartir: