Inicio Carballo ao día Hemeroteca A Policía Local de Carballo...

A Policía Local de Carballo refórzase coa incorporación dunha nova axente como funcionaria en prácticas

Venres 3 de marzo do 2023 Carballo ao día

Kelly Villar, co alcalde e o secretario do Concello

Kelly Villar, co alcalde e o secretario do Concello

A Policía Local de Carballo reforzase coa incorporación de Kelly Villar Castro como funcionaria en prácticas tras o proceso selectivo correspondente á convocatoria dunha praza polo sistema de oposición libre. Antes de tomar posesión como funcionaria de carreira deberá superar o preceptivo curso de formación na Academia Galega de Seguridade e un período de prácticas que realizará no noso concello.

O alcalde, Evencio Ferrero, e o concelleiro de Seguridade, Juan Seoane, deron a benvida á nova axente en prácticas e desexáronlle unha longa carreira profesional no noso concello.

Con esta incorporación, o equipo de profesionais da Policía Local queda formado por 24 axentes e 4 oficiais, ademais dos auxiliares que prestan servizo ao longo do ano.

Compartir: