Inicio Carballo ao día Hemeroteca A Xunta de Goberno Local aproba tres novas...

CONVOCATORIA

A Xunta de Goberno Local aproba tres novas certificacións de obra

Luns 13 de novembro do 2006

A sesión completouse coa aprobación do convenio Paris-Dakar 2007, pola que o piloto carballés Francisco Gómez Pallas partipará no Rally Paris Dakar a celebrar o vindeiro mes de xaneiro e a dación de conta do documento de autorización para o abastecemento dunha fonte pública en Cances con auga procedente dunha finca particular e do convenio de colaboración coa Consellería de Vivenda e Solo e cinco familias chabolistas para a adquisición da súa propia vivenda e do convenio de colaboración formativa coa empresa para a realización deprácticas formativas non laborais (Asociación Coruña Solidaria). Ademáis, a Xunta de Goberno Local deu o visto bo á modificación e a aprobación de dúas licenzas de obras, dúas licencias de parcelación e outra de primeira ocupación.

Compartir: