Aberto ata o 12 de xullo o prazo de solicitude de subvencións a entidades sociais 2023
Martes 27 de xuño do 2023 Benestar
Tras a publicación do extracto da convocatoria o 22 de xuño, as entidades prestadoras de servizos sociais teñen de prazo ata o 12 de xullo para solicitar as subvencións convocadas polo Concello de Carballo para asociacións sen ánimo de lucro, que poidan ser consideradas de interese social, contribuíndo á consecución de actuacións que de xeito prioritario se dirixan á poboación máis desfavorecida. A partida destinada a esta convocatoria acada os 65.000 euros, 5.000 máis que o ano pasado.
No 2022 foron subvencionados 13 proxectos promovidos por outras tantas entidades sociais.