Inicio Carballo ao día Hemeroteca A música, o teatro e unha...

CULTURA

A música, o teatro e unha exposición completan a programación de ‘A Culturaeduca’ en novembro

Luns 20 de novembro do 2006

Os obxectivos da obra son ofrecerlle aos alumnos recursos educativos alternativos aos centros de ensino na área de ciencias, achegar os conceptos básicos do sistema nervioso e do noso cerebro aos escolares e divulgar o saber científico no ámbito educativo a través do teatro. A representación completará á exposición O mundo na túa cabeza ¿estás seguro do que ves?, que se poderá visitar no Pazo da Cultura desde o vindeiro mércores ate o 8 de decembro. Ademais, o mércores 22 haberá un concerto didáctico dirixido aos alumnos de 5º e 6º de Primaria de Carballo, a cargo do Grupo de Metais Santa Cecilia, a celebrar ás 10,15 e 11,45 horas no Pazo da Cultura.

Compartir: