Inicio Carballo ao día Hemeroteca Aberto ata o 15 de novembro o prazo para...

Aberto ata o 15 de novembro o prazo para presentar as solicitudes dos bonos dixitais

Luns 7 de agosto do 2023 Benestar

Ata o 15 de novembro de 2023 está aberto o prazo de presentación de solicitudes para o bono dixital. A iniciativa, enmarcada no programa estatal Único Bono Social, permitirá a persoas ou familias vulnerables contratar ou mellorar a conexión á banda longa fixa cunha velocidade mínima de 30Mbps, cunha minoración mensualidade ata 20 euros na factura emitida pola entidade colaboradora elixida durante un período de ata 12 meses cun máximo de 240 euros.

As persoas que soliciten os bonos deberán levar a cabo a contratación ou mellora dun servizo fixo de banda larga, cunha velocidade mínima de 30Mbps, a través dunha das entidades colaboradoras que figuran nestas ligazóns:

Se ben as persoas interesadas poderán presentar as súas solicitudes a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=AP400A&ano=2023&numpub=1) ou ben de xeito presencial en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, as persoas que o desexen poderán dirixirse ao departamento de Servizos Sociais para realizar a tramitación.

Compartir: