CONSULTA AQUÍ A LISTAXE DE PERSOAS MATRICULADAS
A Universidade Sénior da UDC supera as expectativas e bota a andar en Carballo con 64 alumnos e alumnas
O profesor Alberto Sucasas Peón ofrecerá a primeira clase, “Unha filosofía da amizade: Michel de Montaigne”, o martes 24 no auditorio do Fórum
Xoves 19 de outubro do 2023
O martes 24 botará a andar en Carballo o Proxecto de democratización do coñecemento, o programa de formación universitaria para maiores de 50 anos que promove a Universidade da Coruña (UDC) a través da Universidade Sénior. Para esta primeira edición no noso concello estaba establecido un límite de 50 prazas, pero finalmente foi posible admitir as 64 solicitudes presentadas. A listaxe provisional pode consultarse ao final desta nova. No caso de detectarse algún erro ou omisión, as persoas interesadas poden enviar un correo electrónico a comarcas.senior@udc.gal ou chamar ao número de teléfono 881 014 508.
O programa, que é gratuíto para as persoas participantes, consta de tres módulos con diferentes temáticas, con sesións teóricas, que se celebrarán de 17.00 a 19.00 horas, e sesións prácticas, todas elas impartidas por profesorado da Universidade da Coruña.
MÓDULO I: ARTE E PATRIMONIO
- 24 de outubro. “Unha filosofía da amizade: Michel de Montaigne”. Prof. Alberto Sucasas Peón.
- 25 de outubro. “Divertimentos amorosos nos cartóns de Goya”. Prof. Juan de Dios Ruano Gómez.
- 31 de outubro. “Picasso, ruptura da historia”. Prof. José Ramón Soraluce Blond.
- 3 de novembro, de 10:30 a 13:30 horas. Visita cultural
MÓDULO II: CIENCIA E TECNOLOXÍA
- 7 de novembro. “Importancia da Ciencia e a Tecnoloxía na Historia e na Sociedade Actual”. Prof. Juan José Galán Díaz.
- 9 de novembro. “Xeobotánica, a Ciencia que nos fai entender e valorar a nosa contorna”. Prof. Javier Cremades Ugarte.
- 14 de novembro. “Matemáticas, existen en todas partes?”. Prof. Mª Cristina Naya Riveiro.
- 15 de novembro. Saída de campo
MÓDULO III: SAÚDE E BENESTAR
- 21 de novembro. “Xeneticamente deseñados para o movemento”. Prof. Esther Fernández Fernández.
- 22 de novembro. “Durmir ben, vivir mellor: Importancia do sono para unha vida plena”. Prof. Carmen de Labra Pinedo.
- 28 de novembro. “Tecnoloxía para a Saúde e a Vida Activa”. Prof. Betania Groba González e Prof. Laura Nieto Riveiro.
- 29 de novembro. Sesión práctica de nutrición.
O día 29 de novembro, a partir das 19 horas, terá lugar o acto de clausura e entrega de diplomas aos participantes.
A Universidade Sénior é un proxecto de formación universitaria específico, e neste caso conta co financiamento da propia UDC, da Xunta de Galicia e do Concello de Carballo.