Inicio Carballo ao día Hemeroteca A Xunta de Goberno Local aproba tres novas...

XUNTA DE GOBERNO

A Xunta de Goberno Local aproba tres novas certificacións de obra

Luns 27 de novembro do 2006

A Xunta de Goberno Local tamén aprobou o convenio de colaboración entre o Concello de Carballo e as Escolas de Balonmán Xiria para a organización do III Torneo Internacional Concello de Carballo de balonmán, a celebrar os días 6, 7 e 8 de decembro cunha participación estimada de 260 deportistas. Aprobouse tamén o convenio de colaboración entre a Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes e o Concello de Carballo para a ampliación da Ponte da Casilla. No tocante aos expedientes de contratación, aprobáronse os das obras Execución de edificación destinada a Escola taller de Carballo, Fase II, Nave 1, a Rede de saneamento en Añón, 1ª Fase, parroquia de Berdillo, a Rede de saneamento en Zarrallo, 1ª Fase, parroquia de Sofán e da Ampliación da Ponte da Casilla. Por último, autorizouse un novo vao permanente na rúa Ponte.

Compartir: