Inicio Carballo ao día Hemeroteca O director xeral de Deportes inaugurará o...

LECER

O director xeral de Deportes inaugurará o venres a pista de xeo

Martes 28 de novembro do 2006

Os operarios da empresa que traballa na instalación da pista, este ano ubicada no parque do San Martiño, veñen de rematar a instalación das luces da pista na carpa onde se ubicará a mesma. A iluminación será unha das grandes novidades con respecto ao ano pasado, máis mellorada para o disfrute dos usuarios do recinto. Ademáis, durante as últimas horas procedeuse a botar a auga que será conxelada para rematar coa pista. Os rapaces dos centros educativos de Carballo están convidados a patinar de balde cos seus colexios, logo de que o centro solicite un día no que poder difrutar das instalacións.

Compartir: