Inicio Carballo ao día Hemeroteca A compañía Eis Teatro toma o relevo...

CULTURA

A compañía Eis Teatro toma o relevo do teatro afecionado no Pazo da Cultura

Mércores 29 de novembro do 2006

El método Grohölm é unha divertida e curiosa obra de Jordi Galcerán Ferrer, que tivo un grande éxito nos teatros españois hai uns anos, sendo levada ao cine recentemente. A obra conta con sete aspirantes a un alto posto executivo, que se presentan a unha proba de selección de persoal para unha multinacional. Todos responden a roles totalmente diferentes: o triunfador, o agresivo, a insegura, o crítco, o indeciso... A entrada á representación é gratuita. Este certame forma parte do programa Gzcrea 2006 que convoca a Vivepresidencia da Igualdade e do Benestar, e que inclúe as especialidades de teatro, artes plásticas, fotografía, moda, música, relato, poesía, vídeo, gastronomía, banda deseñada, graffiti e carteis.

Compartir: