Inicio Carballo ao día Hemeroteca A compañía ‘Títeres...

CULTURA

A compañía ‘Títeres Trompicallo’ achega a súa última montaxe ao Pazo da Cultura

Xoves 30 de novembro do 2006

Bolboreta é unha historia da relación entre unha nena e o seu pai, unha princesa e un rei, que fala da superación dos medos, do respecto aos que son diferentes, da forza da amizade para cambiar o mundo e da rebeldía propia dos nenos e nenas, a través da relación paterno-filial. A compañía Títeres Trompicallo inicia a súa andaina polo ano 1997, integrada por Marian González, Eva Sanz e Luis González, profesionais do mundo dos títeres que se xuntan co propósito de producir, investigar e difundir a arte dos títeres. Esta compañía xa estivo noutras ocasións en Carballo, con espectáculos como Manoladas, Manolito Camaleón ou, máis recentemente, coa obra Nadarín.

Compartir: