Inicio Carballo ao día Novas A Concellaría de Cultura pon en marcha un...

A Concellaría de Cultura pon en marcha un obradoiro de teatro para maiores de idade

Venres 19 de xaneiro do 2024 Cultura

A Concellaría de Cultura convoca un obradoiro de teatro co obxectivo de promocionar o teatro como práctica artística, cultural e de lecer, promocionando a formación e a creación teatral de afeccionados neste ámbito artístico e de difundir e incentivar a creación teatral.

O obradoiro estará dirixido e impartido polo grupo de teatro Galeatro. As persoas participantes asitirán ás clases no Pazo da Cultura todos os luns pola tarde, desde xaneiro ata xuño, para preparar pequenas obras, así coma outras accións de creación dramática complementarias das actividades da Concellaría de Cultura para programas como o Entroido ou Programa das Letras.

TOMA NOTA

  • Nº de prazas: 12 
  • Destinatarios: maiores de idade 
  • Inscrición: de balde 
  • Prazo de inscrición: Do 19 ao 29 de xaneiro
  • Lugar de inscrición: nos rexistros do Concello de Carballo. Ficha de inscrición dispoñible no Pazo da Cultura e ao final desta nova.
  • Criterios de selección: co obxecto de darlle continuidade a anteriores actividades formativas, en primeiro lugar terán preferencia os/as participantes na anterior convocatoria e, en segundo lugar, considerarase a orde de inscrición. Ademais da orde de inscrición, en función das necesidades dos proxectos que se estean realizando, para a selección dos suplentes poderán terse en conta as características persoais dos mesmos que a dirección da aula xustifique como necesarios. Coas persoas non admitidas elaborarase unha listaxe de suplentes que serán convocados para cubrir posibles baixas. 
  • Obrigas dos/as participantes: asistir con regularidade e puntualidade ás sesións do obradoiro e participar, como mínimo, en dúas actividades de intervención teatral propostas pola Concellaría de Cultura (Enterro da Sardiña, Programa das Letras, FIOT, programa de animación infantil...) que se prepararán dentro do obradoiro.  

Para máis información, as persoas interesadas poden poñerse en contacto coa Concellaría de Cultura no teléfono 981 704 300.

Descargas

Compartir: