Inicio Carballo ao día Avisos Cortes de tráfico na ponte da Milagrosa a...

Cortes de tráfico na ponte da Milagrosa a partir do venres 1 de marzo

Xoves 29 de febreiro do 2024

A partir do 1 de marzo estará pechado ao tráfico un carril da ponte da Milagrosa. Os vehículos poderán circular nas dúas direccións grazas á regulación do tráfico con semáforos. O carril quedará aberto durante a fin de semana e volverá pecharse o luns 4 e o martes 5.

A partir do mércores 6 de marzo, a ponte da Milagrosa quedará pechada na súa totalidade para o desenvolvemento das obras do plan de xestión do risco de inundacións nas ribeiras do Anllóns e entrará en vigor o plan de tráfico elaborado polo departamento de Mobilidade do Concello de Carballo, que pode consultarse aquí

Compartir: