Inicio Carballo ao día Novas Programa de turismo do Imserso 2024-25

Programa de turismo do Imserso 2024-25

Xoves 27 de xuño do 2024 Benestar

A Dirección Xeral do Instituto de Maiores e Servizos Sociais (Imserso) iniciou a posta en marcha da que será a próxima tempada 2024-2025 do Programa de Turismo do Imserso. Por iso:

  1. O sábado 22 de xuño de 2024 publicouse no BOE a Resolución do 12 de xuño de 2024, do Instituto de Maiores e Servizos Sociais, pola que se convocan 886.269 prazas para persoas maiores que desexen participar no Programa de Turismo, na tempada 2024-2025, cunha previsión de que as quendas de vacacións comecen no próximo mes de outubro. Desde o luns 1 de xullo de 2024  ata o luns 22 de xullo de 2024 –ambos os días inclusive-, permanecerá aberto un período de presentación de NOVAS SOLICITUDES DE PARTICIPACIÓN neste Programa para a tempada 2024-2025, exclusivamente para aquelas persoas que non estean incluídas no Programa de Turismo do Imserso. Para a cumprimentación e presentación destas novas solicitudes, DESDE O LUNS 1 DE JULIO DE 2024 E NON ANTES, disponse dos seguintes medios:
    • Pola súa sinxeleza, rapidez e seguridade, recoméndase  a presentación de novas solicitudes de forma telemática a través da Sede electrónica do Imserso.
    • Descargando da páxina web do Imserso ou na Sede electrónica do Imserso o modelo de solicitude de participación no Programa de Turismo para a tempada 2024-2025. Unha vez cuberto deberase remitir por algún dos seguintes medios:
      • A través dos rexistros electrónicos e oficinas relacionados no artigo 7 da Orde SCB/926/2018, do 10 de setembro, pola que se regula o Programa de Turismo do Imserso.
      • En sobre franqueado, non por correo certificado, á dirección: Programa de Turismo do Imserso, apartado de correos 10.140, 28080 Madrid.
  2. Nos próximos días, as persoas xa acreditadas na base de datos do Imserso para a súa participación no Programa de Turismo do Imserso recibirán nos seus domicilios as cartas de renovación incluíndo os IMPRESOS DE MODIFICACIÓN DE DATOS, con obxecto de que, se procede, comuniquen as variacións nos mesmos para participar na próxima tempada 2024-2025. Os impresos de modificación de datos conteñen a seguinte información:Se os datos non variaron e se consideran correctos, non é preciso que se realice ningunha actuación e NON HAI QUE REMITIR o impreso cuberto.Se os datos non son correctos ou cambiaron, debe remitirse o impreso de solicitude cuberto. Neste caso, e no prazo comprendido ENTRE O 1 E O 22 DE JULIO DE 2024 E NON ANTES, poderase efectuar o cambio polos seguintes medios:
    • Os datos que figuran na base de datos do Imserso: datos persoais, preferencia de destino e vinculación con outra persoa da mesma provincia.
    • Espazo para realizar as modificacións que se considere oportunas.
    • A través da Sede electrónica do Imserso utilizando o número de referencia que aparece na carta que recibiu ou o sistema Cl@ve, por algún dos seguintes métodos:
      • Directamente a través desta ligazón.
      • Entrando na Sede electrónica do Imserso e unha vez dentro do apartado correspondente ao Programa de Turismo, pulsar no icona «Edición».
      • Escaneando o código QR que aparece na carta de renovación co teléfono móbil.
    • Nos rexistros electrónicos e oficinas a que se refire o artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Publicas.
    • En sobre franqueado, non por correo certificado, á dirección: PROGRAMA DE TURISMO DO IMSERSO, APARTADO DE CORREOS 10.140, 28080 MADRID.
Máis información:  páxina web do ImsersoSede electrónica do Instituto, onde se recollen as preguntas máis frecuentes que poidan xurdir sobre a xestión da tempada 2024-2025 Programa de Turismo do Imserso.

Compartir: