Inicio Carballo ao día Novas Convocatoria extraordinaria de acceso ao CMUS...

Convocatoria extraordinaria de acceso ao CMUS Carballo. Setembro 2024

Mércores 17 de xullo do 2024 Educación Conservatorio

O Cmus profesional de Carballo anuncia unha convocatoria extraordinaria de acceso en setembro do 2024 para todas aquelas persoas interesadas en realizar estudios musicais no noso centro.

A matrícula para esta convocatoria deberá formalizarse no rexistro do Pazo da Cultura de Carballo en horario de mañá. O prazo de solicitude abrangue do luns 2 ao venres 6 de setembro.

As probas de acceso realizaránse o mércores 11 de setembro ás 18.00 h no Cmus de Carballo e a matriculación realizarase os días 12 e 13 de setembro.

As prazas vacantes son as seguintes:

  • Iniciación I e II: varias (non é preciso realizar proba de acceso)
  • Clarinete: 2
  • Percusión: 1
  • Trompa: 2
  • Saxo: 1

Compartir: