Inicio Carballo ao día Avisos Convocatoria de subvencións destinadas...

Convocatoria de subvencións destinadas á promoción e o fomento do deporte escolar durante o curso 2024/25

Martes 22 de outubro do 2024

O Concello de Carballo abre a convocatoria de subvencións destinadas á promoción e o fomento do deporte escolar durante o curso 2024/25. As axudas van dirixidas a ANPAs, seccións deportivas de ANPAs e agrupacións deportivas escolares de centros educativos sostidos con fondos públicos.

Estas entidades solicitantes deberán demostrar a vinculación das actividades para as que solicitan subvención a un centro de ensino achegando certificado de aprobación no consello escolar do proxecto de actividades, ou, no seu defecto, declaración do compromiso de someter dito acordo ao consello escolar máis próximo á presentación da solicitude, asinado pola dirección do centro.

Coa publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia (BOP) núm. 204, de 22 de outubro de 2024, ábrese o prazo de 15 días hábiles para a presentación de solicitudes, polo que poderán realizarse desde o 23 de outubro ata o día 13 de novembro.

Descargas

Compartir: