Recollida de alimentos e produtos de hixiene para as vítimas da DINA
Venres 1 de novembro do 2024
O Concello de Carballo amosa a súa solidariedade coas vítimas da DINA (Depresión Illada en Niveis Altos) e, despois de coñecer as necesidades dos municipios afectados, trasladadas pola Federación Valenciana de Municipios e Provincias, pon en marcha unha campaña de recollida dos seguintes produtos:
- Alimentos non perecedoiros
- Produtos de hixiene
- Produtos de alimentación e hixiene infantil
Grazas pola túa solidariedade!