Toma posesión a nova secretaria do Concello de Carballo
Mércores 6 de novembro do 2024
Hoxe tomou posesión do seu cargo a nova secretaria do Concello de Carballo, Marina Núñez Orjales. O seu nomeamento foi publicado no Boletín Oficial do Estado do 5 de outubro, tras a resolución do concurso unitario de provisión de postos de traballo reservados a persoal funcionario de Administración Local con habilitación de carácter nacional.
Marina Núñez Orjales chega a Carballo procedente do Concello das Pontes. O alcalde, Evencio Ferrero, recibiuna a primeira hora da mañá na Alcaldía, onde tivo lugar o acto oficial de toma de posesión.
Nese mesmo espazo asinouse onte o cese de Miguel Piñeiro Souto, que viña exercendo como secretario do noso concello dende hai algo máis de dous anos.