Inicio Carballo ao día Avisos O Concello de Carballo inicia na rúa...

O Concello de Carballo inicia na rúa Valle-Inclán un plan de mantemento das rúas con lastras

Luns 18 de novembro do 2024

O Concello de Carballo pon en marcha un plan de mantemento das rúas pavimentadas con lastras: Valle-Inclán, Concepción Arenal, Luis Braille, Xílgaros e A Lagoa.

Os traballos empezan este martes na Valle-Inclán, onde a actuación se dividirá en tres treitos: desde as Catro Portas ata Rosalía de Castro, de Rosalía de Castro a Concepción Arenal e de Concepción Arenal a Cervantes. Esta semana actuarase no primeiro treito. Durante as obras, os vehículos procedentes de Concepción Arenal poderán xirar á esquerda para dirixirse a Rosalía de Castro.

Unha vez rematadas as tarefas de mantemento nese treito agardaranse dous días para que fragüe o formigón antes de volver abrir ao tráfico. Nese tempo, o equipo trasladarase á rúa Xílgaros. Para facilitar a circulación rodada, durante as obras os vehículos poderán circular por Saturnino Cuíñas.

O seguinte destino será a rúa da Lagoa, onde tamén se dividirá a actuación en tres treitos: de Cesteiros e Gran Vía, de Cesteiros a Oriente e de Oriente a Vila de Negreira.

Os traballos irán realizándose alternativamente en cada un dos tres ámbitos para intentar prexudicar o mínimo posible o tráfico. O prazo de execución estimado é de dúas semanas.

Compartir: