Inicio Carballo ao día Hemeroteca A música e a danza, protagonistas nas...

CULTURA

A música e a danza, protagonistas nas dúas últimas actuacións do Nadal Pequespectacular

Xoves 28 de decembro do 2006

Este xoves, coa colaboración da Deputación da Coruña, celébrase no Pazo da Cultura o concerto infantil Stravinsky Ensemble. A actuación comeza ás 18,00 horas e a entrada é libre. O venres, á mesma hora e tamén no Pazo da Cultura, Experimenta danza achegará aos máis pequenos o seu espectáculo Imaxina que..., que conta coa colaboración do IGAEM. A entrada tamén é libre.

Chocolatada

Os nenos e nenas do concello terán tamén ocasión de disfrutar, mañán venres, dunha chocolatada na Ludoteca Municipal, a partir das 19,30 horas. A entrada á mesma require de invitación previa.

Compartir: