Inicio Carballo ao día Novas A rapazada carballesa de 0 a 6 anos...

A rapazada carballesa de 0 a 6 anos seguirá “Medrando con Apego” coas actividades previstas para este semestre

A primeira proposta, o mércores 22 de xaneiro, achegará a cativada ao mundo do mar coa colaboración das Redeiras do Fieital de Malpica

Domingo 19 de xaneiro do 2025 Lingua

"Chapuzando en familia" foi unha das actividades do ano pasado

Carballo foi o berce do programa Apego e segue sendo un dos concellos locomotora deste proxecto, que trata de facilitar a socialización en galego dos nenos e nenas de cero a seis anos achegando ás familias numerosos e variados recursos lúdicos, tal como expón a concelleira de Normalización Lingüística, Ángeles Pacoret.

En coordinación con outras áreas municipais, para o primeiro semestre do 2025 temos preparadas unha morea de actividades coas que queremos que os nenos e nenas poidan seguir Medrando con Apego. A primeira será xaesta semana:unha xornada de achegamento ao mundo do mar e ao traballo das redeiras grazas á colaboración da asociación Redeiras do Fieital, de Malpica. Aquí tes o programa polo miúdo:

  • 22 de xaneiro. Ás 17.00 e 18.30 h, nas Escolas do Xardín Agra de Caldas: Coñecendo o mar, coas Redeiras do Fieital. Para nenos/as de 2 a 6 anos.
  • 5 de febreiro. Que contan os fósiles? Nas Escolas do Xardín Agra de Caldas, co Grupo de Investigación en Cambio Ambiental da UDC. Ás 17.00 e 18.30 horas. Para nenos/as de 3 a 6 anos. Colabora a Concellaría de Innovación.
  • 19 de febreiro. A nosa lúa, nas Escolas do Xardín Agra de Caldas, co Grupo de Investigación en Cambio Ambiental da UDC. Ás 17.00 e 18.30 horas. Para nenos/as de 3 a 6 anos. Colabora a Concellaría de Innovación.
  • 12 de marzo. Ás 17.00, Xogos con Apego, con Bonecos Animación. Mercado municipal. Para nenos/as de 0 a 6 anos.
  • 26 de marzo. Máis música, nas Escolas do Xardín Agra de Caldas. Con Xabi. Longueirón e sesión dobre: 17.00 e 18.30 horas. Para nenos/as de 2 a 6 anos.
  • 9 de abril. Andaina Anllóns Rede Natura, con Vía Inqueda. Saída do Parque do Anllóns ás 17.00 horas. Para familias con nenos/as de 0 a 3 anos.
  • 23 de abril. Tarde de contos en familia, con Cris de Caldas, na Biblioteca Municipal Rego da Balsa. Sesións ás 17.00 e 18.30 horas. Para nenos/as de 0 a 3 anos.
  • 7 de maio. Bos días, Leo, a cargo de Trémola Teatro, nas Escolas do Xardín Agra de Caldas ás 17.00 e 18.00 horas. Para nenos/as de 0 a 3 anos.
  • 21 de maio. Canto e bailo miúdo, coa Escola do Alprende. Ás 17.00 e 18.30 horas nas Escolas do Xardín Agra de Caldas. Para nenos/as de 2 a 6 anos.
  • 4 de xuño. Amar no mar, contacontos interactivo para familias con Ana Prema. Sesión única ás 17.00 horas, nas Escolas do Xardín Agra de Caldas. Para nenos/as de 0 a 3 anos.
  • 18 de xuño. Ecoralia, a lambona ecolóxica. Concerto de Pakolas ás 17.00 horas, no mercado municipal, para nenos e nenas de ata 6 anos. Entrada libre sen inscrición.

As inscricións para cada actividade poderán realizarse desde unha semana antes a través do enderezo electrónico snl@carballo.gal.

O proxecto Apego, que celebra este ano o seu décimo aniversario, conta nestes momentos con máis de 350 familias do noso concello. E todas as que queiran sumarse non teñen máis que achegarse ata a casa do concello e poñerse en contacto coa técnica do Servizo de Normalización Lingüística, Carme Pereiro.

Descargas

Compartir: