Inicio Carballo ao día Novas Aberto o prazo de inscrición para o...

Aberto o prazo de inscrición para o obradoiro de acollemento lingüístico que empezará o 4 de febreiro

Sábado 25 de xaneiro do 2025 Lingua

O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Carballo pon en marcha unha nova edición do obradoiro de acollemento lingüístico,  destinado a persoas de fóra de Galicia para facilitarlles o contacto coa lingua e a cultura galegas. O curso, que se celebrará sempre que exista un grupo mínimo de 20 persoas inscritas, inclúe un manual de contidos para o alumnado. A formación desenvolverase a partir do 4 de febreiro nas Escolas do Xardín Agra de Caldas.

As persoas interesadas poden inscribirse enviando a snl@carballo.gal un correo electrónico no que que se indicará o nome e apelidos e un teléfono de contacto. As inscricións realizaranse por orde de chegada das mensaxes ata completar o número máximo de alumnado (25 persoas).

Compartir: