Inicio Carballo ao día Novas O concerto de bandas sonoras da Banda Municipal...

O concerto de bandas sonoras da Banda Municipal de Música abre a programación do CMUS para febreiro

Martes 4 de febreiro do 2025 Educación Conservatorio

A Banda Municipal de Música de Carballo abrirá a programación do Conservatorio Profesional de Música do Concello de Carballo cun concerto que non só ten enchido o auditorio, senón tamén a Praza do Concello mesmo baixo a chuvia. As bandas sonoras de películas coñecidas por todo o público volverán soar este sábado 8 de febreiro no renovado auditorio do Pazo da Cultura. O concerto empezará ás 19.30 horas e a entrada será libre e de balde, ata completar a capacidade. Coa actuación da banda arrinca a programación de febreiro, que inclúe concertos e audicións ata o día 28.

  • Día 13, ás 19.00 horas. Audición de trompa (salón de actos)
  • Día 14, ás 19.00 h. Audición de guitarra (aula 13)
  • Día 17, ás 19.00 h. Audición de frauta (salón de actos)
  • Día 18, ás 19.00 h. Audición de trompeta e trombón (salón de actos)
  • Día 19, ás 17.00 h. Audición de cello e acordeón (salón de actos)
  • Día 20, ás 18.00 h. Audición de saxofón (salón de actos)
  • Día 25, ás 18.00 h. Audición de clarinete (salón de actos)
  • Día 27, ás 17.45 h. Audición do departamento de vento madeira (salón de actos)
  • Día 28, ás 18.00 h. Audición de Entroido (salón de actos)

Compartir: