Inicio Carballo ao día Avisos O Servizo de Recadación Municipal...

O Servizo de Recadación Municipal está operativo nas novas oficinas do mercado

Mércores 12 de febreiro do 2025

O Servizo de Recadación Municipal estrea instalacións. Esta semana abriu ao público a nova oficina, situada na planta soto do mercado municipal, con acceso directo desde a Praza do Concello.

Entre os servizos que poñemos á túa disposición figuran a información e tramitación de xestións relacionadas cos padróns fiscais. Na oficina non se realizarán cobros. Lembra que os pagos deben realizarse ou ben por medios electrónicos, a través da pasarela de pagos do Concello de Carballo, ou ben en calquera das entidades financeiras que teñen conveniado o cobro coa Administración local (Abanca, BBVA, Bando Santander e Caixabank).

Nas mesmas instalacións está situada a oficina de xestión catastral, na que poden realizarse declaracións catastrais.

INFORMACIÓN DO SERVIZO

  • Servizos: información e xestión tributaria e declaracións catastrais
  • Horario de atención ao público: de 09.00 a 14.00, de luns a venres
  • Teléfono de contacto: 881 985 430
  • Correo electrónico: recadacion@carballo.gal



Galería

Compartir: