Inicio Carballo ao día Hemeroteca A Xabaxira 2006 desembarca no Pazo da Cultura

CULTURA

A Xabaxira 2006 desembarca no Pazo da Cultura

Mércores 3 de xaneiro do 2007

O Xabarín estará acompañado por un grande elenco de artistas dispostos a facer vibrar aos presentes no Pazo da Cultura, que estará cheo para ver a Xabaxira de Nadal. As invitacións esgotáronse con moita rapidez e moitos rapaces do concello terán a oportunidade de disfrutar ao son das cancións máis exitosas interpretadas en directo por algunhas das mellores voces da Xababanda. A maxia, xogos malabares ou divertidas coreografías prometen un grande espectáculo no Pazo da Cultura. A actividade está incluida na programación do Nadal Cultural do Concello de Carballo que, ademáis, ofrece o xoves a posibilidade de disfrutar do Clasicine na Ludoteca Municipal, a partir das 11,30 horas, e do Cine de Nadal en Nétmoa-Razo a partir das 16,00 horas. Para o venres e sábado quedan as tradicionais Cabalgatas de Reis e Concertos de Nadal que pecharán o programa.

Compartir: