Inicio Carballo ao día Novas Protección Civil estrea equipamento de...

Protección Civil estrea equipamento de emerxencias para seguridade viaria

O concelleiro Miguel Vales e representantes da agrupación de voluntarios acudiron a un acto celebrado na Academia Galega de Seguridade

Martes 18 de marzo do 2025

O concelleiro de Protección Civil, Miguel Vales, e representantes da agrupación de voluntarios de Carballo participaron esta fin de semana no acto de entrega de material por parte da Xunta de Galicia a un total de 87 concellos con agrupacións de voluntarios de Protección Civil.

Os equipos entregados ás asociacións inclúen conxuntos de ferramentas eléctricas para a atención ás emerxencias, material loxístico de seguridade viaria, remolques para as situacións de risco e tendas de campaña, todo por unha contía próxima aos 417.000 euros, co-financiados polos fondos Feder-Galicia 2021-2027. No caso de Carballo, a agrupación estrea trípodes de sinalización portátil, luces de posicionamento, lanternas, conos e pantalla de protección.

Compartir: