Inicio Carballo ao día Hemeroteca Continúa aberto o prazo para participar na...

PROGRAMACIÓN DEPORTIVA

Continúa aberto o prazo para participar na Campaña de Esquí da Deputación da Coruña

Martes 9 de xaneiro do 2007

A Campaña de Esquí 2007 desevolveranse na Estación Invernal de Candanchú (Huesca). Os rapaces que sexan admitidos terán que aboar 85 euros como cota de participación. No caso de ter máis solicitudes que o número de prazas concedidas pola Deputación (17), farase un sorteo público ante o secretario do Concello, que terá lugar o día 26 de xaneiro de 2007 ás 13,30 horas na Casa do Concello de Carballo. As instancias solicitando tomar parte na Campaña de Esquí 2007 pódense recoller no Concello e dirixiranse ao Sr. Alcalde-Presidente do Concello de Carballo, presentándose no Rexistro Xeral, no primeiro andar. A documentación necesaria para facer a inscrición conta da ficha de inscrición debidamente cuberta e asinada polos pais ou titor/a do/a solicitante, unha foto de carné, fotocopia do documento de asistencia sanitaria, fotocopia do libro de familia, copia de aboamento da cota de inscrición (posterior ao sorteo público e confirmación de praza por parte do Concello) e, no caso de tratamento específico ou doenza para ter en conta, xustificante médico asinado polo facultativo pertinente.

Compartir: