CARBALLO ENTRA NA SÚA SEMANA GRANDE
Xoves 19 de xuño do 2008
O sociólogo e politólogo Roberto Barbeito Iglesias será hoxe -19 de xuño- o encargado de abrir oficialmente as festas do San Xoán dándolle lectura ao tradicional pregón, acto que terá lugar ás 21.00 horas na Praza do Concello. Este veciño carballés, profesor no Departamento de Ciencias Sociales da 'Universidad Rey Juan Carlos' de Madrid, tentará rememorar as súas experiencias nuns festexos que ten vivido desde pequeno.
FESTA DO FÚTBOL BASE
Xoves 19 de xuño do 2008
As instalacións deportivas de Conservas Calvo acollerán esta fin de semana -entre o venres 20 e o domingo 22 de xuño- o IV Torneo Internacional de Fútbol-7 Alevín Concello de Carballo que coorganizan a Administración local e as Escolas de Fútbol Luis Calvo Sanz. Durante estes tres días de competición, unha ducia de equipos punteiros do Estado español e de Portugal medirán as súas forzas para dirimir quen recolle a coroa do Valencia CF, que é o vixente campión.
AS OBRAS ESTARÁN FINANCIADAS POR AUGAS DE GALICIA
Mércores 18 de xuño do 2008
Augas de Galicia -organismo autónomo adscrito á Consellería de Medio Ambiente- remitiulle ao Concello de Carballo en recentes datas os anteproxectos para dotar da rede de saneamento ás zonas de Baldaio e Ardaña e Rus. O Goberno Local informa de que a aprobación destes anteproxectos será un dos puntos máis importantes do Pleno do vindeiro luns, 23 de xuño. O custe de ambas as dúas actuacións -cuxos presupostos de licitación ascenden ata os 5,6 millóns de euros- será asumido por Augas de Galicia.
PROXECTO FÓRUM
Martes 17 de xuño do 2008
Unha subvención de 3.260.000 euros procedentes do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), permitirá rematar a Casa dos Oficios de Carballo no marco do Proxecto Fórum. A actuación global supón unha inversión de 4.658.000 euros, dos que o Concello deberá aportar un 30 por cento, o que implica unha achega de 1.397.000 euros que o Goberno local asumirá en tres anualidades.
XVI COPA GALEGA DE BÁDMINTON
Venres 13 de xuño do 2008
O Pavillón Bergantiños de Carballo acollerá mañán, día 14 de xuño, a XVI Copa Galega de Bádminton, na que participarán preto de 100 deportistas chegados de todo o territorio galego. Este evento foi presentado hoxe, 13 de xuño, no Concello polo Alcalde de Carballo, Evencio Ferrero e polo Presidente da Federación Galega de Bádminton, Rodrigo Sanjurjo. Tamén participaron na comparecencia ante a prensa o Concelleiro de Deportes, Marcos Trigo e o Director do Padroado Deportivo Municipal, Francisco García.
A REUNIÓN SERÁ ÁS 20.30 HORAS
Xoves 12 de xuño do 2008
O Concello de Carballo manterá unha xuntanza o vindeiro día 8 de xullo cos actuais concesionarios/as dos postos do mercado para abordar o tema do financiamento do novo edificio da praza de abastos. O Goberno Local convocou este encontro para valorar o nivel de compromiso dos placeiros co novo proxecto municipal.
INFRAESTRUTURAS
Xoves 12 de xuño do 2008
O Alcalde de Carballo, Evencio Ferrero Rodríguez, e o Presidente da Deputación da Coruña, Salvador Fernández Moreda, inaugurarán mañán, día 13 de xuño, o edificio que albergará o Centro Social de Sofán. O acto principiará ás 19.30 horas e ao mesmo tamén asistirán representantes das asociacións culturais e deportivas da parroquia. Como colofón a esta xornada de festa para os veciños e veciñas de Sofán está previsto que actúen a Banda Municipal de Gaitas de Carballo e o Grupo da Escola de Música e Baile de Arume.
PLAN DE OBRAS E SERVIZOS DA DEPUTACIÓN
Mércores 11 de xuño do 2008
A Xunta de Goberno Local (XGL) do Concello de Carballo, reunida o día 9 de xuño, acordou adxudicar mediante procedemento aberto e poxa a segunda fase das obras de dotación de beirarrúas en Ardaña á empresa ‘Construcciones Alejandro Martínez e Hijos’ polo prezo de 147.668 euros (IVE engadido).
MEDIO AMBIENTE
Mércores 11 de xuño do 2008
A Sociedade Galega de Medio Ambiente (SOGAMA), a través da Asociación Ecolóxica ADEGA e en colaboración coa Concellería de Medio Ambiente do Concello de Carballo, comezou hoxe -mércores 11 de xuño- as tarefas de formación e seguimento incluídas no programa piloto de compostaxe doméstica que se está a por en marcha na parroquia carballesa de Oza.
CONSORCIO GALEGO DE SERVIZOS DA IGUALDADE E BENESTAR
Martes 10 de xuño do 2008
O Alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, asinou o día 9 de xuño en Compostela un acordo de colaboración co Vicepresidente da Xunta de Galicia, Anxo Quintana, para a construción dun Centro de Día no municipio bergantiñán. O mesmo contará cun orzamento de 700.000 euros e ocupará un solar de 500 metros cadrados na praza de Vigo a carón da actual residencia da Terceira Idade.
INFRAESTRUTURAS E SERVIZOS BÁSICOS
Martes 10 de xuño do 2008
A segunda fase das obras para completar a rede de saneamento lo lugar de Añón, na parroquia de Berdillo, principiou esta semana. O prazo máximo de execución destes traballos é de seis meses e a empresa adxudicataria dos mesmos é Ramón Vázquez. Esta obra forma parte do Plan de Obras e Servizos que financia a Deputación da Coruña.
O CONCELLO DARALLE CONTINUIDADE Á INICIATIVA E PLANTÉXASE EXTENDELA A MÁIS PARROQUIAS O VINDEIRO CURSO
Luns 9 de xuño do 2008
Máis de 200 persoas participaron o día 7 de xuño na clausura do programa 'Exercicio Físico para maiores', unha exitosa iniciativa promovida conxuntamente polas Concellerías de Deportes e Terceira Idade e que se enmarca no programa municipal 'Carballo Saudable'.