Inicio Carballo ao día Hemeroteca


Formulario de busca
O Concello procederá esta semana ao derribo do antigo edificio do Padroado Deportivo Municipal

CREACIÓN DUN VIARIO PEONIL NESA ZONA

O Concello procederá esta semana ao derribo do antigo edificio do Padroado Deportivo Municipal

Luns 26 de maio do 2008

A Concellería de Obras do Concello de Carballo, responsabilidade de Lois Lamas, comezou hoxe -luns 26 de maio- os traballos para proceder ao derrube do antigo edificio do Padroado Deportivo Municipal durante a presente semana. O motivo desta actuación é cumprir coa planificación do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) e crear nese espazo unha zona peonil.

O Director Xeral de Saúde Pública destaca que o proxecto ‘Carballo Saudable’ é "un dos mellores de Galicia"

‘CONCELLOS SAUDABLES’

O Director Xeral de Saúde Pública destaca que o proxecto ‘Carballo Saudable’ é "un dos mellores de Galicia"

Venres 23 de maio do 2008

O Concello de Carballo presentou hoxe, día 23 de maio, ante os medios de comunicación o programa ‘Carballo Saudable’. Durante a súa intervención, o Director Xeral de Saúde Pública da Xunta de Galicia, Ramón Medina, destacou este proxecto coma "un dos mellores de Galicia" e recordou que foi unha das 17 propostas seleccionadas pola Consellería de Sanidade (5 da provincia da Coruña) do total de 58 que se presentaron para participar na iniciativa autonómica ‘Concellos Saudables’, que se enmarca no ‘Programa Galego de Actividades Saudables, Exercicio e Alimentación’ (PASEA). Na presentación tamén participou o Alcalde Carballo, Evencio Ferrero,

BERCA Carpintería e EFA Fonteboa, grandes triunfadoras dos premios Carballo Emprende

CONCELLERÍA DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

BERCA Carpintería e EFA Fonteboa, grandes triunfadoras dos premios Carballo Emprende

Venres 23 de maio do 2008

BERCA Carpintería, unha empresa promovida por dous mozos carballeses, foi seleccionada polo xurado dos premios Carballo Emprende como a mellor idea empresarial do ano. Evaristo Cambón e Jesús Cruz, os dous socios da empresa, recolleron o galardón de mans do alcalde da vila, Evencio Ferrero. Polo que se refire á convocatoria do premio Carballo Emprende ás iniciativas de formación e de impulso da cultura emprendedora, o xurado declarou gañador á EFA Fonteboa de Coristanco.

Preto de 200 persoas participaron nas xornadas Carballo Emprende

ÉXITO NA AFLUENCIA DE PÚBLICO

Preto de 200 persoas participaron nas xornadas Carballo Emprende

Venres 23 de maio do 2008

Preto de duascentas persoas asistiron ás xornadas Carballo Emprende durante os dous días nos que se desenvolveu este foro nas instalacións do Viveiro e Empresas. O éxito na afluencia de público foi valorado de xeito moi positivo polo Goberno Local, que promoveu esta iniciativa en colaboración coa Cámara de Comercio da Coruña. Na segunda xornada, as charlas centráronse en coñecer casos reais de emprendedores/as e de empresas consolidadas singulares, despois de que no día anterior se abordasen cuestións coma o financiamento, o cooperativismo e os espazos onde emprender unha aventura empresarial.

Os Alcaldes de Carballo e Malpica presentan a nova ruta do Noitebús

SEGURIDADE VIARIA

Os Alcaldes de Carballo e Malpica presentan a nova ruta do Noitebús

Xoves 22 de maio do 2008

O Alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, e o seu homólogo de Malpica, José Ramón Varela, presentaron hoxe -día 22 de maio- a nova ruta circular do Noitebús entre Carballo e Malpica. Ambos os dous rexedores locales destacaron durante as súas intervencións que a colaboración entre ambas as dúas Administracións Locais redunda no beneficio da cidadanía a través da ampliación do servizo do Noitebús.

A xornada inaugural de 'Carballo Emprende' concita a máis dun centenar de persoas

CONCELLERÍA DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

A xornada inaugural de 'Carballo Emprende' concita a máis dun centenar de persoas

Xoves 22 de maio do 2008

Máis dun centenar de persoas acudiron á xornada inaugural do foro 'Carballo Emprende', que se está a desenvolver no Viveiro de Empresas de Carballo e está promovido pola Concellería de Promoción Econónica do Concello de Carballo en colaboración coa Cámara de Comercio da Coruña. Esta exitosa iniciativa conseguiu a atención de potenciais persoas emprendedoras que asistiron atentas ás ponencias dos diferentes expertos en axudas, iniciativas e organizacións cooperativas que participaron na primeira xeira das xornadas.

Carballo Emprende inaugúrase o día 22 de maio ás 11.30 horas no Viveiro de Empresas

XORNADAS PROMOVIDAS POLO CONCELLO E POLA CÁMARA DE COMERCIO DA CORUÑA

Carballo Emprende inaugúrase o día 22 de maio ás 11.30 horas no Viveiro de Empresas

Mércores 21 de maio do 2008

Mañán xoves, día 22 de maio, dará comezo no Viveiro de Empresas de Carballo a primeira edición do foro Carballo Emprende. Esta iniciativa, promovida pola Concellería de Promoción Económica do Concello de Carballo -responsabilidade de Xosé Manuel García Guillín- en colaboración coa Cámara de Comercio da Coruña, pretende ser un punto de encontro para todas aquelas persoas que teñan inquedanzas empresariais, polo autoemprego e o cooperativismo.

Unha ducia de proxectos participaron nos premios Carballo Emprende

O NOME DOS GAÑADORES/AS FARASE PÚBLICO O 22 DE MAIO

Unha ducia de proxectos participaron nos premios Carballo Emprende

Martes 20 de maio do 2008

A convocatoria dos premios Carballo Emprende conseguiu aglutinar máis dunha decena de proxectos que presentaron as súas candidaturas aos galardóns que este ano por vez primeira se puxeron en marcha na Costa da Morte. O xurado encargado de valorar a calidade dos proxectos tivo que analizar en profundidade as nove propostas que optaban ás distincións para ideas emprendedoras e as tres que aspiraban ás distincións ao fomento da cultura emprendedora.

O Concello está a rematar as obras de ancheamento da estrada no lugar de Imende

INCREMENTO DA SEGURIDADE VIARIA E MELLORA DOS SERVIZOS

O Concello está a rematar as obras de ancheamento da estrada no lugar de Imende

Martes 20 de maio do 2008

O Concello de Carballo rematará en vindeiros días a importante obra que acomete desde hai tres meses na vía que discorre polo lugar de Imende, na parroquia de Noicela. Os traballos consisten fundamentalmente no ancheamento da estrada que vai de Caión á Pedra do Sal á altura de Imende, o que contribuirá a incrementar a seguridade viaria para os veciños e veciñas do lugar e para os usuarios da vía ao eliminar un punto de escasa visibilidade.

O Concello está a realizar traballos de mantemento en diferentes beirarrúas do casco urbano

PLAN DE CONSERVACIÓN E MANTEMENTO DE BEIRARRÚAS

O Concello está a realizar traballos de mantemento en diferentes beirarrúas do casco urbano

Luns 19 de maio do 2008

A Concellería de Obras do Concello de Carballo, responsabilidade de Lois Lamas, está a realizar traballos de mantemento e conservación de beirarrúas en diferentes zonas do casco urbano en cumprimento do plan que cada ano deseña a Administración Local bergantiñán no seu afán por brindar o mellor servizo posible á cidadanía.

O Concello premia as mellores iniciativas empresariais coa convocatoria de dous certames

'CARBALLO EMPRENDE 2008'

O Concello premia as mellores iniciativas empresariais coa convocatoria de dous certames

Venres 16 de maio do 2008

Calquera persoa que teña unha idea emprendedora, sexa propietaria dun negocio de recente creación, esté a desenvolver unha iniciativa formativa relacionada co autoemprego ou estudantes de ciclos formativos poden concorrer aos 'Premios Carballo Emprende 2008', que convoca o Concello de Carballo con motivo da celebración das xornadas 'Carballo Emprende 2008' os días 22 e 23 de maio. O prazo para a presentación de traballos remata o 19 de maio, inclusive. Esta tamén é a data límite para participar no I Premio de Programas de Fomento da Emprendeduría. Para máis información sobre estas convocatorias e para consultar as bases, clicar aquí.

Manuel Vázquez anuncia en Carballo un investimento de 8’5 millóns de euros da súa Consellería no municipio

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

Manuel Vázquez anuncia en Carballo un investimento de 8’5 millóns de euros da súa Consellería no municipio

Xoves 15 de maio do 2008

O titular de Medio Ambiente da Xunta de Galicia, Manuel Vázquez, anunciou hoxe -día 15 de maio- en Carballo que a súa Consellería investirá 8,5 millóns de euros no municipio bergantiñán nos vindeiros meses nun total de cinco proxectos. O representante do Goberno galego visitou o Concello acompañado polo Delegado provincial de Medio Ambiente na Coruña, Manuel Tajes, e polo Director Xeral de Augas de Galicia, José Luis Romero.

Compartir: