PLAN DE SUSTENTABILIDADE AMBIENTAL DE BALDAIO
Martes 22 de abril do 2008
O Xefe da Demarcación de Costas do Estado -organismo adscrito ao Ministerio de Medio Ambiente- en Galicia, Rafael Eimil, mantivo o luns, día 21 de abril, as primeiras xuntanzas en Carballo de cara á elaboración do Plan de Sustenta bilidade Ambiental para a lagoa de Baldaio e o seu contorno.
FÚTBOL SALA
Venres 18 de abril do 2008
O futuro do deporte da comarca bergantiñán está asegurado como o demostran os repetidos éxitos dos clubs locais en categorías inferiores. O Alcalde de Carballo, o nacionalista Evencio Ferrero, recibiu hoxe -día 18 de abril- na Casa do Concello aos dous menores de Bergantiños que se proclamaron campións de España coa Selección Galega en categoría alevín. Todo un éxito para o deporte da comunidade con acento bergantiñán.
XA REMATOU OS TRABALLOS EN RUS, SOFÁN E LEMA
Venres 18 de abril do 2008
A Concellería de Obras e Servizos, responsabilidade do nacionalista Lois Lamas, está a realizar tarefas de limpeza nos colectores de lixo do ámbito rural do municipio dentro do plan de mantemento do mobiliario de servizos municipal.
FOMENTO DA LECTURA
Xoves 17 de abril do 2008
Entre os días 20 e 26 de abril Carballo terá unha cita moi especial cos libros e coa lectura. Porque durante estes sete días o Pazo da Cultura acollerá a terceira edición da ‘Semana do Libro e a Lectura’, actividade organizada pola Consellería de Cultura da Xunta a través da Asociación Socio Pedagóxica Galega (AS-PG) coa colaboración do Concello de Carballo. Esta iniciativa autonómica (as ‘Semanas do Libro e da Lectura’) desenvólvese en diferentes datas nun total de 10 municipios galegos.
DEPORTE EN IDADE ESCOLAR
Mércores 16 de abril do 2008
Despois de dúas fins de semana consecutivas no que o baloncesto en idade escolar foi o deporte protagonista en Carballo, nesta ocasión correspóndelle o turno ao fútbol sala. Porque dous equipos da cidade bergantiñán participarán o sábado, día 19 de abril, na fase intercomarcal deste deporte en categoría alevín e benxamín, que se disputará en Cambre.
LIMPEZA DE CUNETAS
Martes 15 de abril do 2008
A Concellería de Obras e Servizos do Concello de Carballo -responsabilidade do nacionalista Lois Lamas- está a realizar desde hai máis dun mes traballos de conservación e mantemento das vías do municipio. Os mesmos consisten fundamentalmente na limpeza de cunetas e ata o de agora executáronse nas parroquias de Entrecruces, Razo e Sofán.
DIFUSIÓN DO LIBRO E DA LECTURA
Luns 14 de abril do 2008
O Concello de Carballo -a través da súa Concellería de Cultura, Ensino e Normalización Lingüística- presentou as novas propostas de Literactúa para o segundo trimestre do ano. Este programa, que pretende difundir a literatura e a lectura en galego, está a acadar un grande éxito. Por este motivo, a Concellería de Cultura, responsabilidade de Belén Lendoiro, estuda a posibilidade de exportalo a outros municipios.
DANZA CONTEMPORÁNEA
Venres 11 de abril do 2008
A Concellería de Cultura do Concello de Carballo -responsabilidade de Belén Lendoiro- presentou hoxe a sexta edición do programa ‘Primavera en Danza’, que achegará á cidade bergantiñán ao longo do presente mes de abril cinco espectáculos de danza contemporánea. Esta oferta cultural é posible gracias á colaboración do Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais (Igaem).
DEPORTE DE BASE
Xoves 10 de abril do 2008
Se a fin de semana pasada Carballo foi a sede da Fase Final de Baloncesto Cadete masculino A-4, a vindeira (12 e 13 de abril) albergará a mesma competición en categoría Júnior. Tras o éxito colleitado na pasada cita polo deporte carballés, representado pola victoria do Placasa E.B.X., nesta ocasión correspóndelle o turno de intentar repetir triunfo ao club local Montelfre Xiria.
PROGRAMACIÓN DOS 'VENRES CULTURAIS'
Mércores 9 de abril do 2008
A programación dos 'Venres Culturais' -promovida pola Concellería de Cultura do Concello de Carballo- ofrece mañán o concerto da banda asturiana de pop Edwin Moses dentro do ciclo DOCESPOP. A actuación princiará ás 21.00 horas no Pazo da Cultura e o prezo da entrada será de 3 euros e 2 euros con desconto.
MERCADO MUNICIPAL
Mércores 9 de abril do 2008
O Alcalde de Carballo, o nacionalista Evencio Ferrero, viaxará mañán a primeira hora do día a Madrid para reunirse ás 09.30 horas co director de Mercados Minoristas de Mercasa, Roberto Alonso Gordón, e ultimar varias cuestións pendentes sobre o futuro Mercado Municipal. O rexedor local viaxará á capital do Estado acompañado do Tenente de Alcalde, o socialista José Antonio Viña e do Secretario do Concello, José Villán.
DESENVOLVEMENTO URBANÍSTICO
Luns 7 de abril do 2008
Hoxe comezaron as obras do polígono 26 do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM), que é unha das actuacións máis importantes para o desenvolvemento do casco urbano de Carballo. A primeira consecuencia deste feito foi o peche definitivo do aparcamento do Rego da Balsa, que se viña empregando desde hai 12 anos de xeito provisional gracias a un acordo entre o Concello e os propietarios dos terreos.