MANTEMENTO E CONSERVACIÓN
Martes 18 de marzo do 2008
A Brigada de Medio Ambiente do Concello de Carballo rematou os traballos de limpeza e mantemento nas fervenzas de Rus e Entrecruces e no paseo do Anllóns. Na actualidade, centra os seus esforzos na adecuación dos areais do municipio ante a inminente chegada do bo tempo.
VISITA A CARBALLO DO XEFE DA DEMARCACIÓN DE COSTAS
Venres 14 de marzo do 2008
O xefe da Demarcación de Costas do Estado en Galicia, Rafael Eimil, visitou hoxe Carballo para valorar os danos causados polo recente temporal na zona litoral do municipio. E comprometeuse ante o alcalde, o nacionalista Evencio Ferrero, a comezar "de inmediato" a reparación dos desperfectos, entre eles a reconstrucción da Ponte Grande de Baldaio.
FESTA INTERCULTURAL
Xoves 13 de marzo do 2008
Os vindeiros días 20, 21 e 22 de marzo a cidadanía de Carballo ten unha nova cita coa multiculturalidade a través do festival Panxea 2008. A segunda edición desta festa popular -que obtivo un gran éxito o ano pasado- celebrarase nunha carpa que se instalará no aparcadoiro adxacente ao Centro Comercial Bergantiños-Haley.
CONCELLERÍA DE IGUALDADE
Martes 11 de marzo do 2008
A Concellería de Igualdade do Concello de Carballo, responsabilidade da nacionalista Lourdes Rey, duplicou as prazas para o obradoiro de 'Defensa Personal para Mulleres' ante o rotundo éxito da iniciativa, que se está a desenvolver entre os días 3 de marzo e 11 de abril.
PROGRAMA 'A CULTURA EDUCA'
Luns 10 de marzo do 2008
Os escolares de 1º e 2º da ESO do colexio Artai, e dos IES Alfredo Brañas, Monte Neme e Parga Pondal desfrutarán mañán da función teatral 'Valdemuller', levada a escena polo Centro Dramático Galego. A iniciativa 'Teatro na Escola' forma parte do programa 'A Cultura Educa', promovido pola Concellería de Cultura do Concello de Carballo, que é responsabilidade de Belén Lendoiro.
REPULSA CONTRA A BARBARIE ETARRA
Luns 10 de marzo do 2008
A cidadanía de Carballo gardou hoxe dous respetuosos minutos de silencio para amosar a súa repulsa contra a barbarie de ETA e a súa solidariedade coa familia do ex concelleiro socialista de Mondragón Isaías Carrasco, asasinado pola banda armada o día 7 de marzo diante da súa casa.
SOLIDARIEDADE
Mércores 5 de marzo do 2008
Un ano máis, o Concello de Carballo participará no programa ‘Vacacións en Paz’, mediante o cal familias de todo o Estado español acollen durante os meses de verán a nenos e nenas saharauís. Este programa é posible gracias á suma de esforzos entre os Concellos e a sociedade, que no caso da nosa comunidade se encarga de aglutinar a asociación ‘Solidariedade Galega co Pobo Saharauí’.
CONVENIO ENTRE O CONCELLO E O COLEXIO
Martes 4 de marzo do 2008
A Concellería de Cultura do Concello de Carballo -responsabilidade de Belén Lendoiro- renovou por terceiro ano consecutivo o convenio coa comunidade educativa do CEIP Bergantiños para a apertura da biblioteca do centro en horario extraescolar (de 15.30 a 19.00 horas) durante os vindeiros tres meses. Deste xeito, o Concello contribúe a ampliar a oferta cultural para toda a cidadanía do municipio.
PASEO E ZONAS VERDES
Luns 3 de marzo do 2008
O Concello de Carballo está a rematar os traballos de mellora da accesibilidade e do entorno das praias de Razo e de Baldaio. As obras atópanse na súa fase final e estarán listas para a vindeira primavera e verán, según avanza o concelleiro de Obras e Servizos, Lois Lamas.
PROGRAMA FORMATIVO
Venres 29 de febreiro do 2008
As mulleres inmigrantes que residan no municipio de Carballo e que dispoñan de permiso de traballo ou estén en trámites de conseguilo teñen a oportunidade de participar nun novo programa formativo de Radio Ecca. Esta Fundación, en colaboración coa Concellería de Igualdade do Concello de Carballo, ofrece un novo programa formativo destinado a este colectivo de poboación e que, neste caso, estará centrado no tema da saúde. O día 7 de marzo remata o prazo para apuntarse neste curso.
CERTIFICADOS DE LINGUA GALEGA (CELGA)
Venres 29 de febreiro do 2008
O Concello de Carballo, a través do seu Servizo de Normalización Lingüística e en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, organiza catro cursos de lingua galega preparatorios para a obtención dos novos Certificados de lingua galega (Celga) dos niveis 1, 2, 3 e 4. O prazo de inscrición para todos os niveis remata o día 14 de marzo.
FORMACIÓN PARA AS NAIS E OS PAIS
Xoves 28 de febreiro do 2008
As nais e os pais do municipio de Carballo poderán desfrutar por cuarto ano consecutivo do programa ‘Aprender para Educar, organizado de xeito conxunto polo Concello de Carballo e a Asociación Socio Pedagóxica Galega. Esta iniciativa pretende dar apoio formativo aos proxenitores para axudalos na difícil tarefa que representa educar.