EXPOURENSE, DO 5 AO 9 DE MARZO
Xoves 28 de febreiro do 2008
A comarca de Bergantiños voltará contar cun protagonismo especial en ‘Xantar’, o Salón Galego de Gastronomía e Turismo. A novena edición deste evento, que se celebrará en Expourense entre o 5 e o 9 de marzo, foi presentada hoxe, día 28 de febreiro, no Concello de Carballo.
REDE DE DINAMIZACIÓN DA SOCIEDADE DA INFORMACIÓN
Mércores 27 de febreiro do 2008
O Concello de Carballo, en colaboración coa Rede de Dinamización da Sociedade da Información abre o prazo para inscribirse nos tres obradoiros sobre informática que se desenvolverán durante o vindeiro mes de marzo. Os cursos de ‘Iniciación á Informática’, ‘Iniciación a Internet’ e ‘Tes un e-mail! Correo Electrónico’.
XORNADA DIDÁCTICA O XOVES, 27 DE FEBREIRO
Mércores 27 de febreiro do 2008
A Deputación da Coruña, en colaboración coa Orquestra Sinfónica de Galicia e o Concello de Carballo, ofrécelle ao Conservatorio de Carballo unha nova xornada didáctica ou clase maxistral o xoves, día 27 de febreiro.
ACORDOS PLENARIOS
Martes 26 de febreiro do 2008
A Corporación Local do Concello de Carballo, na súa sesión plenaria celebrada onte -día 25 de febreiro-, aprobou de xeito definitivo o Plan Parcial do Sector C-1 e o orzamento municipal para o presente ano. Estes dous acordos foron os máis destacables dun pleno no que se debatiron un total de 12 puntos.
PLAN DE SINALIZACIÓN
Luns 25 de febreiro do 2008
A Concellería de Xestión Municipal, responsabilidade do nacionalista Benedito Viña, comezou hoxe as tarefas de colocación de 85 placas de sinalización de rúas no casco urbano. Personal da empresa Aspaber-UTE está a realizar os traballos, que rematarán ao longo da presente semana.
SUBVENCIÓNS DA CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN E INDUSTRIA
Venres 22 de febreiro do 2008
A Concellería de Promoción Económica do Concello de Carballo, responsabilidade do nacionalista Xosé Manuel García Guillín, informa aos propietarios e propietarias de establecementos comerciais do municipio de que poden optar á concesión de axudas por parte da Consellería de Innovación e Industria. A Xunta de Galicia ofrece estas subvencións para a adecuación dos establecementos comerciais ao seu contorno competitivo.
CAMPAÑA PARA MELLORAR A SINALIZACIÓN
Xoves 21 de febreiro do 2008
A Concellería de Turismo do Concello de Carballo, responsabilidade do nacionalista Xosé Manuel García Guillín, puxo en marcha hai varias semanas unha campaña para mellorar a sinalización turística no municipio. Os operarios municipais están a traballar na segunda fase deste proxecto, unha vez que xa remataron a colocación de grandes paneis informativos nos límites do termo municipal de Carballo.
EIXO ATLÁNTICO
Mércores 20 de febreiro do 2008
O vindeiro sábado, día 1 de marzo, terá lugar no Centro Cívico dos Mallos (na Coruña) a fase previa da 1ª Edición da Mostra Musical do Eixo Atlántico. Participarán na mesma representantes dun total de oito Concellos galegos, entre eles dous músicos que cursan os seus estudos no Conservatorio Profesional de Carballo.
PROTECCIÓN DO MEDIO AMBIENTE
Martes 19 de febreiro do 2008
O alcalde de Carballo, o nacionalista Evencio Ferrero, e o presidende da Sociedade Galega do Medio Ambiente S.A. (Sogama), José Álvarez, asinaron hoxe -19 de febreiro- un convenio de colaboración. Este acordo servirá para a implantación, posta en marcha e seguimento dun programa piloto de compostaxe doméstica no ámbito rural e o mesmo terá unha vixencia dun ano. A sinatura terá lugar na Casa do Concello.
FUTURO CONVENIO COA DEPUTACIÓN
Martes 19 de febreiro do 2008
O Concello de Carballo e a Deputación da Coruña asinarán en vindeiras datas un convenio de colaboración para a futura creación na Casa dos Oficios do municipio bergantiñán dun módulo de ensino non reglado de hostalería.
FOMENTO DO EMPREGO
Martes 19 de febreiro do 2008
O Pacto Territorial de Emprego da Costa da Morte quedou constituido hoxe, día 19 de febreiro, coa sinatura da gran maioría dos 18 municipios que a Xunta de Galicia encadra na área da Costa da Morte. O acto tivo lugar ás 10.30 horas no Pazo da Cultura do Concello de Carballo.
CONCELLERÍA DE IGUALDADE
Venres 15 de febreiro do 2008
A Concellaría de Igualdade de Concello de Carballo, responsabilidade da nacionalista Lourdes Rey, amplía a súa oferta de actividades cun obradoiro de 'Defensa persoal para mulleres'. Esta actividade, organizada a través do Centro de Información á Muller (CIM), desenvolverase entre os días 3 de marzo e 11 de abril.