FONDOS FEDER
Xoves 14 de febreiro do 2008
A Xunta de Goberno do Concello de Carballo acordou na súa última xuntanza, celebrada o día 13 de febreiro, concorrer a unha convocatoria de axudas con cargo ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) para a creación do ‘Centro de dinamización socioeconómica e sostible de Carballo’ (Forum Carballo).
CONCILIACIÓN DA VIDA LABORAL E FAMILIAR
Mércores 13 de febreiro do 2008
A concelleira de Igualdade do Concello de Carballo, Lourdes Rey, destaca o éxito acadado polo Programa Concilia durante as vacacións de Entroido, período no que esta iniciativa continuou funcionando con noramalidade. Os pais e nais dun total de 30 menores do municipio fixeron uso deste servizo, que se mantivo activo en horario de 7.30 a 17.30 horas.
MELLORA DAS INFRAESTRUTURAS VIARIAS
Martes 12 de febreiro do 2008
A Concellería de Obras e Servizos do Concello de Carballo, responsabilidade de Lois Lamas, está a executar catro obras de ancheamento en outros tantos camiños do municipio. A empresa contratada para a realización destes traballos, Construcciones Ramón Vázquez, iniciounos esta semana e estarán rematados en tres meses.
TRABALLOS DE MANTEMENTO
Martes 12 de febreiro do 2008
As Brigadas de Medio Ambiente e o Grupo Municipal de Intervención Rápida (Grumir) do Concello de Carballo remataron os traballos de limpeza das preto de 600 sinais (de tráfico e toponímicas) que están espalladas ao longo das 18 parroquias que conforman o municipio. Estas tarefas de mantemento iniciáronse a finais de xaneiro e concluiron o pasado luns.
ELIMINACIÓN DE BARREIRAS ARQUITECTÓNICAS
Luns 11 de febreiro do 2008
O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, presentou hoxe -luns 11 de febreiro- tres obras que melloran a accesibilidade a diferentes instalacións municipais. En concreto, estes traballos realizáronse na Escola Infantil ‘As Landras’ e nas piscinas ‘Vila de Noia’ e ‘Carballo Calero’ gracias a un convenio asinado no seu día entre o Concello, a Once e o Imserso.
DEPORTE EN IDADE ESCOLAR
Venres 8 de febreiro do 2008
Santiago de Compostela acolle o domingo (10 de febreiro) a fase final provincial da competición de campo a través en idade escolar. Carballo, vila que se disputaron dúas fases anteriores desta proba, aportará un total de 36 deportistas á competición que se disputará na capital galega.
VISITA DA DIRECTORA XERAL PARA O DEPORTE
Xoves 7 de febreiro do 2008
O Goberno local de Carballo aproveitou a recente visita ao municipio da directora xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, Marta Souto, e da delegada provincial da Consellería de Deportes, Milagres Lantes, para solicitar a axuda da Administración autonómica para a renovación da piscina Vila de Noia, construída no ano 1987.
CAMPIONATO GALEGO OPEN DE NATACIÓN MÁSTER DE INVERNO
Xoves 7 de febreiro do 2008
A piscina Bergantiños de Carballo acollerá o domingo, día 10 de febreiro, o Campionato Galego Open de Natación Máster de inverno. En total, participarán na competición preto de 150 deportistas pertencentes a un total de 18 clubes, cinco dos cales proceden de diferentes puntos de todo o Estado español.
PARA COMPLETAR A URBANIZACIÓN
Martes 5 de febreiro do 2008
A empresa Construcciones Ponciano Nieto S.L. traballa desde finais de xaneiro na reparación e dotación de beirarrúas nas rúas Rosas, Mirtos, Amapolas e Dalias do casco urbano de Carballo.
DÍA DE FESTA PARA A PARROQUIA
Luns 4 de febreiro do 2008
Berdillo festexou o pasado venres, día 1 de febreiro, a inauguración do seu Centro Social ao grande. Membros das sete asociacións da parroquia, multitude de veciños e veciñas e unha nutrida representación política celebraron a boa nova de ver rematados uns traballos que comezaron hai máis de dúas décadas e que finalizaron agora gracias a un convenio asinado entre o Concello de Carballo e a Consellería de Cultura.
ELIMINACIÓN DUN PUNTO CONFLICTIVO DO TRÁFICO
Luns 4 de febreiro do 2008
A Concellería de Obras e Servizos, responsabilidade de Lois Lamas, está a executar o ancheamento do vial que une Caión con Baldaio ao seu paso polo lugar de Imende, na parroquia de Noicela. Con esta actuación, o Concello de Carballo eliminará un paso estreito nunha estrada que rexistra un gran tráfico, sobre todo no verán, e que colapsaba a circulación.
POSTA EN VALOR DO PATRIMONIO
Venres 1 de febreiro do 2008
A Concellería de Turismo do Concello de Carballo, responsabilidade de Xosé Manuel García Guillín, puxo en marcha unha campaña co obxectivo de mellorar a sinalización turística e contribuir así á potenciación da posta en valor do patrimonio artístico, cultural e paisaxístico do municipio.