Inicio Carballo ao día Hemeroteca


Formulario de busca
Ánxela Bugallo acudirá o 1 de febreiro a Berdillo para inaugurar as obras do Centro Social

TRABALLOS DE REFORMA E AMPLIACIÓN

Ánxela Bugallo acudirá o 1 de febreiro a Berdillo para inaugurar as obras do Centro Social

Xoves 31 de xaneiro do 2008

A conselleira de Cultura, Ánxela Bugallo, desprazarase mañán -1 de febreiro- ata Carballo para participar a partir das 20.00 horas na inauguración das obras de reforma e ampliación do Centro Social de Berdillo. Ao acto asistirán tamén o director xeral de Creación e Difusión Cultural, Lois Bará; a delegada provincial de Cultura, Milagres Lantes; o alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, e a concelleira de Cultura, Belén Lendoiro.

Aberto o prazo para inscribirse nos obradoiros de Iniciación á Informática e a Internet

CONCELLO-REDE DE DINAMIZACIÓN DA SOCIEDADE DA INFORMACIÓN

Aberto o prazo para inscribirse nos obradoiros de Iniciación á Informática e a Internet

Mércores 30 de xaneiro do 2008

O Concello de Carballo, en colaboración coa Rede de Dinamización da Sociedade da Información, abre a inscrición para os dous obradoiros de 12 horas de duración cada un deles que se desenvolverán durante o mes de febreiro na Aula Informática, sita na Ludoteca Infantil. Os cursos son Iniciación á Informática e Iniciación a Internet con saúde.

O Concello rematará a limpeza de fontes e lavadoiros na primeira semana de febreiro

CONSERVACIÓN DO PATRIMONIO

O Concello rematará a limpeza de fontes e lavadoiros na primeira semana de febreiro

Martes 29 de xaneiro do 2008

As brigadas de Medio Ambiente do Concello de Carballo rematarán durante a primeira semana de febreiro a campaña de mantemento e limpeza de fontes e lavadoiros. Os operarios municipais traballan agora en Sísamo, despois de ter atendido á totalidade das parroquias do municipio durante os últimos tres meses.

O Pleno de Carballo aprobou o proxecto de obra no campo de fútbol anexo das Eiroas

MELLORA DAS INSTALACIÓNS DEPORTIVAS

O Pleno de Carballo aprobou o proxecto de obra no campo de fútbol anexo das Eiroas

Martes 29 de xaneiro do 2008

A Corporación Local de Carballo aprobou durante a última sesión plenaria, celebrada o día 28 de xaneiro, un proxecto de obra para mellorar o campo de fútbol anexo das Eiroas. Estes traballos suporán un investimento de preto de 600.000 euros e contribuirán a aumentar a calidade das instalacións deportivas municipais.

O polígono de Bértoa acolle unha unidade móbil da ITV para a revisión obrigatoria de ciclomotores

INSPECCIÓN TÉCNICA DE VEHÍCULOS

O polígono de Bértoa acolle unha unidade móbil da ITV para a revisión obrigatoria de ciclomotores

Martes 29 de xaneiro do 2008

O polígono industrial de Bértoa acolle unha unidade móbil da Inspección Técnica de Vehículos (ITV) para realizar a revisión dos ciclomotores de máis de tres anos. É a primeira vez que esta operación é obrigatoria para este tipo de vehículos en Galicia. No mes de xaneiro a revisión é obrigatoria para os ciclomotores coa matrícula rematada en 0, en febreiro para os que a teñan rematada en 1 e así sucesivamente coas placas rematadas en 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8 e 9 cada mes do ano ata outubro. Neste caso, a cita é o venres 30 de xaneiro en horario de 9.00 a 13.30 e de 15.30 a 18.00 horas. Non é necesario solicitar cita previa.

O Grupo de Goberno leva a Pleno a desafectación dunha parcela para construir unha 'galescola'

SESIÓN ORDINARIA ÁS 20.30 HORAS

O Grupo de Goberno leva a Pleno a desafectación dunha parcela para construir unha 'galescola'

Luns 28 de xaneiro do 2008

A Corporación Local de Carballo celebra hoxe -28 de xaneiro de 2008- a sesión ordinaria do Pleno a partir das 20.30 horas. Un dos puntos que se debatirá na orde do día será a desafectación da parcela municipal sita na rúa Carballo Calero para poder destinala á construción da primeira das dúas 'galescolas' que a Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar da Xunta de Galicia se comprometeu a cofinanciar no municipio.

Óscar Pereiro abarrota o salón de actos do Pazo da Cultura

VISITA DUN CAMPIÓN DO TOUR DE FRANCIA

Óscar Pereiro abarrota o salón de actos do Pazo da Cultura

Venres 25 de xaneiro do 2008

Os afeccionados ao ciclismo de Carballo viviron hoxe, día 25 de xaneiro, unha xornada única. Porque todo un campión do Tour de Francia visitou o municipio para darse un bano de multitudes no salón de actos do Pazo da Cultura, que estivo ateigado de xente. Este evento -'Encontro no cumio con Óscar Pereiro'- estivo organizado pola Asociación Cultural Lumieira en colaboración con Concello.

O Concello anima á cidadanía a que participe na celebración do Entroido

PROGRAMACIÓN DE CARNAVAL

O Concello anima á cidadanía a que participe na celebración do Entroido

Xoves 24 de xaneiro do 2008

As concelleiras de Cultura, Belén Lendoiro, e de Terceira Idade, Lourdes Rey, presentaron hoxe -24 de xaneiro- ás 13.00 horas no Pazo da Cultura a programación do Entroido 2008. Ambas as dúas áreas, ademais da de Seguridade Cidadá, colaboran na organización desta festa tradicional; así coma diferentes asociacións culturais e veciñais do municipio. A intención do Concello é implicar á cidadanía para que participe de forma masiva na celebración do Carnaval.

Carballo participará no proxecto 'Ber2015/ Vilas Sostibles' xunto a catro municipios de Bergantiños

PROGRAMA MEDIOAMBIENTAL PIONEIRO

Carballo participará no proxecto 'Ber2015/ Vilas Sostibles' xunto a catro municipios de Bergantiños

Xoves 24 de xaneiro do 2008

O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, e o concelleiro de Medio Ambiente, José Antonio Viña, reuníronse en Compostela co director xeral de Desenvolvemento Sostible da Xunta, Emilio Manuel Fernández Suárez. O motivo deste encontro foi comezar a traballar nun pioneiro proxecto medioambiental chamado 'Ber2015/ Vilas Sostibles' que aglutinará a cinco municipios de Bergantiños: Carballo, Coristanco, Malpica, A Laracha e Ponteceso. Na xuntanza estiveron presentes os rexedores locales de todos estes Concellos.

Empresarios uruguaios e bergantiñáns intercambiarán ideas en Carballo

ENCONTRO EMPRESARIAL URUGUAY-BERGANTIÑOS O DÍA 25

Empresarios uruguaios e bergantiñáns intercambiarán ideas en Carballo

Mércores 23 de xaneiro do 2008

Unha delegación da Asociación de Empresarios Galegos de Uruguay (AEGU) visitirá mañán, venres 25 de xaneiro, Carballo. O Goberno local ofrecerá unha recepción oficial á comitiva e porá en contacto ao sector empresarial da comarca cos industriais suramericanos, moitos deles con raíces no municipio. O programa da xornada inclúe diferentes actividades que misturarán o turismo coa posta en común de ideas e proxectos entre os empresarios de ambos os dous lados do Atlántico.

O Concello inicia as obras da primeira fase do carril bici

A DEPUTACIÓN FINANCIARÁ OS 255.000 EUROS QUE CUSTARÁ O TRAMO DUN QUILÓMETRO QUE UNIRÁ O CASCO URBANO COA PONTE DE OZA

O Concello inicia as obras da primeira fase do carril bici

Luns 21 de xaneiro do 2008

Os afeccionados ao ciclismo de Carballo poderán desfrutar na primaveira do primeiro tramo do carril bici co que contará o Concello. Hoxe, luns día 21 de xaneiro, comezaron as obras dunha actuación que unirá o casco urbano coa ponte de Oza nun treito de aproximadamente 1.000 metros. Concretamente, o carril bici discorrerá paralelo á estrada de Razo partindo da altura na que se atopa o IES Parga Pondal.

A Concellería de Obras está a reparar os 300 farois afectados pola tormenta

ELECTRICISTAS MUNICIPAIS E TÉCNICOS DE EMPRESAS EXTERNAS TRABALLAN PARA ARRANXAR OS DANOS COA MAIOR CELERIDADE POSIBLE

A Concellería de Obras está a reparar os 300 farois afectados pola tormenta

Luns 21 de xaneiro do 2008

A Concellería de Obras e Servizos está a reparar os danos provocados pola forte tormenta que danou máis de 300 farois do alumeado público o pasado mércores día 16 de xaneiro. Electricistas municipais e técnicos de empresas externas repararon xa 80 durante a semana pasada e proseguen durante a actual para solucionar o problema coa maior celeridade posible.

Compartir: